The Game é un filme estadounidense de 1997 dirixido por David Fincher, protagonizado por Michael Douglas e Sean Penn, e producido por Propaganda Films e PolyGram Filmed Entertainment. Conta a historia dun rico banqueiro que recibe un agasallo misterioso do seu irmán, a participación nun xogo que se integra de maneiras estrañas na súa vida diaria. Segundo as liñas entre a vida real do banqueiro e o xogo se volven máis incertas, faise evidente unha gran conspiración.
The Game recibiu boas críticas por parte de Roger Ebert e grandes xornais como The New York Times, mais tivo unha acollida morna nos cinemas en comparanza co orzamento de 70 millóns de dólares e o éxito do filme anterior de Fincher, Seven (1995).
Personaxes Michael Douglas como Nicholas van Orton Sean Penn como Conrad van Orton James Rebhorn como Jim Feingold Deborah Kara Unger como Christine/Claire Peter Donat como Samuel Sutherland Carroll Baker como Ilsa Armin Mueller-Stahl como Anson Baer Anna Katarina como Elizabeth Charles Martinet como pai de Nicholas Mark Boone Junior como investigador privado Tommy Flanagan como condutor de taxi Spike Jonze como Airbag EMT Beltran Linda Manz como Amy Daniel Schorr como el mesmo
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Fincher Categoría:Filmes rodados en San Francisco