A igrexa vella de Aitolahti (en finés Aitolahden vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, no barrio de Aitoniemi, na área do que era o antigo municipio de Aitolahti. Foi deseñada por Birger Federley e construída en pedra e ladrillo en 1928. O terreo no que se edificou foi doado polo propietario da propiedade Laalahti, o profesor Rurik Pihkala, mentres que o terreo empregado para o cemiterio foi doado por Kustaa e Ida Ruokonen. Trátase dunha igrexa de planta rectangular sen torre. A igrexa imita os templos medievais de pedra na escolla dos materiais, entre outras cousas. Foi construída con axudantes
A igrexa ten capacidade para 230 persoas. O retablo] é un vitral obra do alemán Fritz Hilbert. Na igrexa ten un órgano de 9+1 rexistros construído en 1928 na fábrica de órganos de Kangasala que foi modernizado en 1966.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Tampereen seurakunnat Visita virtual á igrexa vella de Aitolahti
Categoría:Igrexas de Tampere