O estilo severo é o estilo que floreceu na escultura da Grecia Antiga entre o período Arcaico e o período Clásico, denominando tamén o seu período particular no ámbito da historia da arte escultórica. Tamén por veces é referido como Pre-Clasicismo, Estilo Austero, ou Clasicismo Primitivo. Porén máis do que unha simple transición, o estilo Severo expresa valores estéticos e sociais específicos, xustificando a súa delimitación como un estilo independente. Introduciu unha flexibilización naturalista substancial nos ríxidos canons de tendencia abstracta da fase anterior, e distínguese tamén do vocabulario formal moito máis variado das fases Clásica e helenista subsecuentes, sen que iso signifique posuí­r menor mérito artístico. De facto, entre a súa produción encóntranse obras como o Auriga de Delfos, o Deus do Cabo Artemisio e o grupo decorativo do Templo de Zeus en Olímpia, tido como o máis importante e típico exemplar do estilo Severo.Western Sculpture: Ancient Greek - The Classical period - Early Classical (c. 500–450 bc). Encyclopaedia Britannica On line

Foi un estilo cultivado en toda a área de influencia grega. O termo foi así denominado por Gustav Kramer no seu libro Über den Styl und die Herkunft der bemahlten griechischen Thongefässe (1837), referíndose á primeira xeración de pintores de vasos "figura vermella", mais a partir do estudo Der strenge Stil (1937) de Vagn Poulsen, tornouse un dominio preferencial da escultura.

Non existe consenso entre os historiadores respecto ás datas de inicio e fin deste período. Usualmente considérase pertencer ao estilo Severo a xeración activa entre c. e , mais outros, baseados en boas evidencias, prefiren recuar o inicio do intervalo para c. .C. e estender o seu final até o e mesmo alén, dando marxe para a inclusión de exemplos precursores e outros máis tardíos. Esa polémica está ligada ás dificultades de datación exacta de moitas pezas, ao carácter dinámico da arqueoloxía, sempre traendo novos datos, e á propia fluidez que cerca a definición das características e dos li­mites dun estilo artístico, o que, como acontece en toda historiografía e crítica da arte, é sempre materia de gran sutileza e pasibel dunha variedade de interpretacións.Western Sculpture: Ancient Greek - The Classical period - Early Classical (c. 500–450 bc). Encyclopaedia Britannica On line Un resumo da polémica atópase en THOMAS, R. Athletenstatuetten der Spätarchaik und des Strengen Stils. Roma, 1981

Antecedentes e contexto esquerda|miniatura|302x302px|Exemplo de kouros Arcaico: O Kouros de Anavissos, c. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas A sociedade do período Arcaico (c. a ) era dirixida por unha aristocracia formada por clans que monopolizaban o poder e a cidadanía, vivindo na opulencia ociosa dos seus valores e dereitos tradicionais.The early Archaic period. "Early Archaic Greek civilization". Society and values: Bacchiadae and Eupatridae, Encyclopaedia Britannica on line Cara á fin do período, o poder comeza a ser disputado polos tiranos, con apoio dun sistema militar reformado, mentres que a expansión marítima e comercial abría para outras persoas un maior campo de oportunidades de enriquecemento e ascensión social e traía para a Grecia unha variedade de influencias culturais.The later Archaic periods: The rise of the tyrants. Encyclopaedia Britannica on line

No terreo da estatuaria a tipoloxía máis prestixiosa continuaba sendo o kouros, coa súa contraparte feminina, a koré (tamén kuros e korai) estatuas independentes cuxo modelo xurdira case dous séculos antes e até o final da fase Arcaica pouca variación coñeceu, sendo usadas como monumento fúnebre ou civil, e como estatua de culto ou oferta votiva. Con seu porte augusto e inabalábel, a súa nudez heroica, a súa expresión facial segura e confiante, sempre sorrindo, a súa invariábel frontalidade, os kouroi non eran retratos de individuos, mais representación de ideais e valores abstractos da aristocracia. Nos relevos, nas korai e na estatuaria pedimental a liberdade foi ben maior e atópase unha variedade de posturas, pero o kouros tivo historicamente un papel especial na evolución da escultura grega. Mentres que os conxuntos da estatuaria pedimental eran vistos sempre a boa distancia e as súas formas dependían da súa localización nas fachadas, e a koré estaba sempre vestida, o kouros era un monumento autónomo, instalado ao ras do chan ou sobre bases baixas, accesíbel á exploración visual detallada en todos os ángulos. E, estando sempre nu, as inconsistencias na súa modelaxe non podían ser ignoradas, tornándoo o campo privilexiado para o estudo da anatomía humana.Archaic Style (c.600-500 BCE): Greek Statues Archaic Era (c.600-500 BCE). Encyclopedia of Irish and World Art

Na entrada do século V a.C. a xestación dun novo modelo político, máis liberal no senso social do termo, chega a un fin coa ascensión de Clístenes ao poder, consolidando en torno a a democracia ateniense, que revolucionou toda a forma de pensamento da súa época. O estilo Severo, cuxos exemplos precursores recoñecidos datan desa altura, ten sido asociado á institucionalización dese novo sistema político e social, que repercutiría na arte de forma a facer abandonar con rapidez a tipoloxía dos kouroi, intimamente asociada coa rica, elegante e sensual sociedade aristocrática Arcaica e con seus valores despóticos e exclusivistas, dando lugar á simplicidade e á economí­a, xunto cunha atención maior a particularismos e emocións, que espellaban a maior participación do individuo na sociedade e o nacemento dunha nova ética, na evolución da kalokagathia -a identificación da Beleza coa Virtude- para a paideia, significando a educación integral para a formación dun cidadán perfecto. É outro dato importante na fase Severa a consolidación dunha nova forma de analizar a realidade visíbel.PEDERSEN, P. The Classical Heritage in Nordic Art and Architecture. Acta Hyperborea: Danish Studies in Classical Archaeology, 1990. p. 269 Ao contrario do pensamento Arcaico, cando aí­nda non se era capaz de descubrir ningunha orde racional no mundo da experiencia inmediata, e se invocaban razóns mitolóxicas sobrenaturais para os acontecementos e fenómenos da Natureza, a partir das inquiricións dos filósofos presocráticos comezasen a imaxinar que o mundo podería "ter sentido" e que o destino dos homes dependía deles mesmos. Non é estraño logo que se desenvolva un novo interese polos estados mentais e emocionais, e que se tente expresar esas pescudas na arte naturalista, dramática e dinámica do período.POLLITT, Jerome Jordan. Art and Experience in Classical Greece. Cambridge University Press, 1972-1999. pp. 23-24 miniatura|320x320px|Friso Arcaico tardío coa XIgantomaquia, do Tesouro de Sífnos, c. Museo Arqueolóxico de Delfos miniatura|320x320px|Guerreiro do Templo de Afaia, frontón oeste, c. Gliptoteca de Múnic. Exemplo precursor do estilo Severo miniatura|320x320px|Mestre de Olimpia: Parte do pedimento oeste do Templo de Zeus en Olimpia, c. .Museo Arqueolóxico de Olimpia. Exemplo maior do estilo Severo plenamente expresado Non obstante, un estudo de Andrew Stewart afirma que as pescudas estratigráficas realizadas na Acrópole de Atenas revelan case con certeza que o estilo Severo está ausente en capas anteriores ao saqueo persa de , e que todo o material subxacente é Arcaico. Segundo el as diversas estatuas Severas encontradas evidencian ser dunha data posterior en até 40 anos á reocupación ateniense da cidadela. Escavacións noutros locais traerían resultados semellantes, facendo inaugurar o estilo coa segunda versión do grupo dos Tiranicidas, a de Crítio e Nesiotes, esculpido entre 477 e , relacionándoo coa vitoria grega contra os persas e ao sentimento de autoconfianza que dela derivou, unha confianza que tamén dependía da madurez do modelo social da cidade-estado e da vida estábel que ela proporcionaba, mais que era contrabalanzada pola contención esixida no comportamento individual e por un novo senso de responsabilidade social.STEWART, Andrew. The Persian and Carthaginian Invasions of 480 B.C.E. and the Beginning of the Classical Style. American Journal of Archaeology, Volume 112, nº 4, pp. 581-615 Nese sentido, a propia vitoria sobre os persas foi vista como un triunfo da orde e da razón sobre un mundo até entón dominado por forzas descoñecidas e incontrolábeis. Doutro lado, Brunilde Ridgway levanta a hipótese de que Atenas, envolta na guerra, estaría na verdade desfasada artisticamente en relación a outros centros e que é ben plausíbel un inicio anterior fóra de alí para o estilo.

Unha lectura multifocal das orixes do estilo Severo é a máis razoábel, e encontra apoio no feito de que mesmo antes das Guerras Médicas a Grecia xa estaba nunha condición de efervescencia intelectual, tendo ademais estabelecido unha larga rede comercial con varios enclaves e colonias no Mediterráneo, facendo que se desenvolvese unha cultura pan-helénica que xa non se adhería completamente aos antigos principios da aristocracia. Jerome Pollitt engade dicindo que a invasión persa non pode ser responsabilizada pola evidente evolución da técnica escultórica, aí­nda que teña catalizado unha mudanza inmediata na mente colectiva e no gosto, aglutinando o humanismo hesitante dos anos anteriores e o conducindo cara a unha nova óptica artística que no Clasicismo encontraría un terreo para expresión madura. Ao mesmo tempo el xustifica atribuír a lideranza a Atenas na transición do Arcaísmo para o Clasicismo despois da guerra polas propias circunstancias socio-políticas únicas e atípicas desta cidade en relación ao contexto grego da súa época, xunto coa intensa actividade edificadora e artística desencadeada pola reconstrución da Acrópole, aínda que non asocie o Clasicismo resultante exclusivamente con Atenas.

Sexa como for, a propia función da arte modifícase nese período. Mentres que a estatuaria Arcaica era basicamente funcional, adicada ó sagrado ou servindo como monumento no período Severo, libérase do seu utilitarismo e adquire certa autonomí­a. Cunha civilización xa en pleno florecemento, os gregos xa se sentían máis seguros e libres da presión inmediata da loita pola vida e podían dar máis atención ás cuestións da filosofía e da estética. Hauser afirma que nesta etapa...

"... o coñecemento práctico dá lugar ao exame libre, medios de dominar a natureza pasan a ser método de descubrir a verdade abstracta. E así a arte, que comeza por ser unha mera servidora da maxia e do ritual (…), tórnase até certo punto unha actividade pura, autónoma, desinteresada, practicada polo seu propio valor e pola beleza que revela.".HAUSER, Arnold. História Social da Literatura e da Arte. São Paulo: Mestre Jou, 1972. Vol I, pp. 115 ss.

esquerda|miniatura|226x226px|O Discóbolo de Miron, c. . Copia romana reducida do século II. Gliptoteca de Múnic. esquerda|miniatura|175x175px|Perséfone entronizada, c. .Museo de Pérgamo. Clara tendencia arcaizante na estatuaria de culto nunha data tardía