Galina Andreevna Balashova (ruso: Галина Андреевна Балашова), nada en Kolomna en 1931, é unha arquitecta e deseñadora rusa, que estivo asociada co programa espacial soviético.

Traxectoria Balashova naceu en Kolomna e estudou no Instituto de Arquitectura de Moscova. Balashova empezou a súa carreira profesional en 1955 no instituto de deseño GiproAviaProm en Samara. O seu traballo nese tempo implicou eliminar elementos decorativos, considerados "decadentes", de edificios residenciais. En 1957 pasou a ser arquitecta sénior en OKB-1, responsable do deseño no inicio do programa espacial soviético. Empezou deseñando residencias para empregados pero máis tarde contribuíu ao deseño do interior da nave espacial Soiuz e as estacións espaciais Saliut e Mir. Tamén traballou como asesora para o programa Buran. Retirouse en 1991.

O seu traballo co programa espacial incluíu o deseño de espazos de interior, mobiliario, paneis de control ou logotipos decorativos. Deseñou para unha contorna de gravidade cero, utilizando contrastes de cores para o chan e o teito para evitar que os cosmonautas se desorientaran. Gran parte do seu traballo foi pouco coñecido, e foi declarado como alto segredo.

O seu deseño dos pines de solapa usados na exposición aeronáutica de Francia en 1973 converteuse máis tarde no emblema oficial para o proxecto de probas Apollo-Soiuz. Con todo, o goberno ruso patentou o deseño e non deu crédito como autora a Balashova.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Elas, levaronnos ao espazo 2022 ISBN:978-84-8158-952-8

Ligazóns externas

Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"

Categoría:Arquitectos de Rusia Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados no óblast de Moscova