Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.

Traxectoria Militante de Alianza Popular, foi elixido alcalde de Ourense logo das eleccións de 1987, en que liderou a candidatura da coalición AP-CdeG, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Porén, o apoio do edil do CDS Balbino Álvarez ós postulados dos grupos da oposición do PSdeG e Independentes de Galicia, xunto ós cales sumaba maioría absoluta, supuxo que presentase a súa dimisión en decembro de 1987 e fose relevado na alcaldía polo socialista Manuel Veiga Pombo co apoio dos independentes e de Álvarez. Posteriormente foi senador (1993-2004) e presidente da Cámara de Comercio de Ourense.

Foi presidente do Club Deportivo Ourense.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourense Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas Ficha no Senado.

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes