Xosé Troiano Carril, nado en Camariñas o 17 de marzo de 1970, é un investigador camariñán e divulgador da historia e do patrimonio galego en xeral.

Traxectoria

Colaborador de diversas asociacións culturais vinculadas especialmente a Camariñas, ten traballado na recuperación da historia da súa poboación natal. Participa con artigos nos xornais coruñeses La Voz de Galicia, HistoriadeGalicia.gal e Camariñas.eu. ademais colabora desde o seu nacemento en Patrimonio Galego contando con máis de 1.300 fichas. Nos últimos anos investigou sobre os fundidores de campás en Galicia, catalogando tanto mestres fundidores como campás, colaborando tamén nunha web valenciá chamada "Campaners.com". Nunha entrevista comentou que xunto con Estanislao Fernández de la Cigoña están elaborando un traballo de catalogación en Galicia, de máis de 250 fundidores e case 4000 campás. En 2022, xunto con oito campaneiros fundaron a Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, tocando en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou de Santiago de Compostela e dando charlas como no 1º congreso aberto sobre o toque manual de campás na parroquia de San Xurxo de Cereixo na Estrada (Pontevedra).

Obras

Ensaio Camariñas, Corazón da Costa da Morte, 2017, Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. ISBN 978-84-92867-288. "Campás de Muros e Serres (I)". 2019. The Muros Times.

Obras colectivas "Campás das igrexas de Santiago, San Xurxo e Santa María do Campo da Coruña". Anuario Brigantino, 1130-7625, Nº. 40, 2017, pp. 393-410. "Campá e reloxo da Casa Consulado". 2017-2018. Revista Abrente, Boletín de la Real Academia de Bellas Artes. Nº 49-59, pp 305-310. A Coruña. "Campás de Anllóns". 2019, con Estanislao Fernández de la Cigoña. Revista Aunios. Maio 2019. nº 24. pp.6-8. "Campás e campaneiros da Estrada". 2023, con Luís Ferro Pego. Revista A Estrada, Miscelánea histórica e cultural, Nº 26, pp 51-98. "Fundidores de campás asentados en San Pedro de Orazo (A Estrada)". Actas do primeiro congreso galego do toque manual de campás (Cereixo, A Estrada: 6 de maio de 2023). pp. 13-26. ISBN 9788492867417. "Campás e reloxo monumental de San Xurxo de Cereixo (A Estrada)" con Estanislao Fernández de la Cigoña. Actas do primeiro congreso galego do toque manual de campás (Cereixo, A Estrada: 6 de maio de 2023). pp. 27-36. ISBN 9788492867417.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Os nosos catalogadores: Xosé Troiano, entrevista para Patrimoniogalego.net a 7 de outubro de 2014. ¿Cuál es la campana más antigua de A Coruña? entrevista en El Ideal Gallego a 28 de xaneiro de 2025. Las campanas que se hacen oír, entrevista en La Opinión de A Coruña a 28 de xaneiro de2025.

Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1970 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes