Archana Soreng, nada en 1996, é unha activista ambiental pertencente á tribo indíxena Kharia da aldea Bihabandh de Rajgangpur en Sundergarh, Odisha, India. Traballou pola concienciación sobre o cambio climático e a documentación, preservación e promoción dos coñecementos e prácticas tradicionais das comunidades indíxenas.
Soreng foi seleccionada como unha do sete membros do Grupo Asesor Xuvenil sobre Cambio Climático establecido polo Secretario Xeral das Nacións Unidas como parte da Estratexia Xuvenil da ONU.
Traxectoria Soregn é da tribo Khadia e creceu en Rajgangpur no distrito Sundargarh de Odisha. Comezou a involucrarse no activismo despois da morte do seu pai.Ao longo da súa vida participou activamente no Movemento Xuvenil Católico Indio.
Tamén é a expresidenta do sindicato de estudantes TISS. Tamén é a ex Coordinadora Nacional da Comisión Tribal, tamén coñecida como Adivasi Yuva Chetna Manch, unha das áreas de pulo da All India Catholic University Federation (AICUF). Actualmente, traballa como investigadora en Vasundhara Odisha. Vasundhara é unha organización de investigación-acción e defensa de políticas en Bhubaneswar que traballa na gobernanza dos recursos naturais, os dereitos tribais e a xustiza climática.
Notas
Categoría:Ecoloxistas da India Categoría:Activistas da India Categoría:Nados en Odisha Categoría:Nados en 1996