miniatura|dereita|Países participantes. Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Anveres, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sufrimento inflixido ó pobo belga durante a primeira guerra mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.

Os Xogos de Anveres foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de wáter-polo Victor Boin.

Modalidades disputadas Atletismo Boxeo Soga-tira Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Halterofilia Hípica Hóquei sobre herba Hóquei sobre xeo Natación Loita. Patinaxe sobre xeo Péntatlon moderno Polo Wáter-polo Remo Rugby Saltos de trampolín Tenis Tiro Tiro con arco Vela

Cadro de Medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos41272795 2 20px Suecia19202564 3 20px Reino Unido16151344 4 20px Finlandia1510934 5 20px Bélxica14111136 6 20px Noruega139931 7 20px Italia135523 8 20px Francia9191341 9 20px Países Baixos42511 10 20px Dinamarca39113

Notas

Categoría:Deporte en 1920 Categoría:Xogos Olímpicos