Castropol é un concello asturiano galegofalante, limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.

A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «» ou «».

miniatura|centro|Vista de Castropol desde a capela de San Miguel, en Ribadeo, coa enseada da Lieira á esquerda e a ría de Ribadeo por medio.

Parroquias alt=Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo|miniatura|Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo

O concello de Castropol abrangue nove parroquias: Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.

Demografía Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).

Historia A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.

Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.

Política

Dende 1979, o partido que máis tempo ten gobernado foi PSOE, en 7 das 9 lexislaturas.

+Resultados das elecciónes municipais en CastropolPartido político 1979 1983 1987Dirección General de Política Interior 1991 1995 1999 2003 2007 2011 20152019 2023 PSOE 0 8 8 8 7 5 6 8 7 6 6 3 CD / AP / PP 0 2 2 4 5 5 5 3 3 4 5 3 PCE / IU-BA / IU-Los Verdes 0 0 0 1 1 0 0 0 0 1 0 0 FAC 1 0 UCD / CDS 1 0 3 0 0 URAS / URAS-PAS 1 0 0 Independentes 12 3 Castropol Avante 5 Total 13 13 13 13 13 11 11 11 11 11 11 Alcaldes no período democrático:

Castropol na literatura popular Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ A Veiga, de folgazais,/ Ribadeo, de señoritos Castropol é concello asturiano da Ría de Ribadeo; As Figueiras é unha parroquia de Castropol; Ribadeo é concello de Lugo e os da Veiga son os veciños dos arredores da boca do río Eo.Fermín Bouza Brey: “Ditos referentes a xentes e pobos” en Nós 45, 15.09.1927, 13; no texto: folgazáis.Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo” en Nós 1933, 118, 208).. Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ Ribadeo, de folgazais,/ e a Veiga, de señoritosRecollida en Taramundi (Asturias).Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988, vol. IV, 396a..

Galería de imaxes

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Concello de Catropol

Categoría:Concellos galegofalantes de Asturias