Zadar (ital. Zara) é unha cidade croata na costa do mar Adriático. É capital do Condado de Zadar.
Historia Idade Antiga Probablemente fundada polos ilirios, a cidade no século I era un municipio da provincia romana de Dalmacia. Coñecíase como Iader nesa época. Coa caída do Imperio Romano Occidental, a cidade convértese na capital da provincia bizantina de Dalmacia.
Idade Media Na Alta Idade Media a provincia é invadida polos croatas e a cidade rende obediencia ó rei croata Coloman, isto fai que a cidade se vexa metida nos conflitos entre eslavos e a República de Venecia, potencia dominante na zona. Durante a Cuarta Cruzada, a cidade foi asediada e saqueada polos exércitos financiados pola República de Venecia. En 1202 cruzados franceses e venecianos conquístana.
Idade Moderna Nos seguintes séculos a cidade é disputada por venecianos, maxiares húngaros e reis eslavos. Finalmente serán os venecianos os que establezan en Zadar a defensa ó Adriático fronte á ameaza dos turcos otománs.
Idade Contemporánea Cando en 1797 desaparece a República de Venecia, o seu territorio pasa a formar parte do Imperio Austríaco e despois do Imperio Austrohúngaro.
A cidade será a capital do Reino de Dalmacia. Polo Tratado de Rapallo de 1920, a cidade pasa a mans italianas. Na segunda guerra mundial é tomada polos alemáns e é bombardeada 72 veces polos aliados.
Demografía Ten unha poboación de 81 688 habitantes (2006), dos cales o 92,77% son de orixe croata (censo de 2001).
Outros É arquidiócese católica e sé bispal ortodoxa. É tamén sede do Centro de Estudos Galegos, na Universidade de Zadar.
En 2005 abriuse ao público o Órgano do Mar, un xigantesco órgano de tubos instalado debaixo de grandes chanzos de mármore á beira do mar, que produce sons a través do vento e das ondas.
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Xogos Mundiais Croatas - Zadar 2010 (Xogos deportivos e actividades culturais da diáspora croata qe se celebran cada catro anos)
Categoría:Cidades de Croacia