miniatura|A liña de puntos representa un de dous posíbeis rebatementos do rectángulo Rebatemento do rectángulo, tamén rabatamento ou rebatamento, é unha técnica ou ferramenta compositiva utilizada para situar obxectos na imaxe, ou como axuda para o estudo da arte. Tamén chamado polos seus nomes en inglés, rebatement, rabatment e rabattement; hai moita literatura nesa lingua sobre esta técnica, pero moi escasa noutras.

Cada rectángulo contén dous cadrados implícitos en cada un dos lados curtos. O proceso de rotar os lados curtos sobre o longo é chamado "doble abatemento", ou "rabatemento", e a cuarta liña imaxinaria é chamada "o rebatemento". O termo é utilizado en xeometría, arte e arquitectura.

Teoría Non hai ningunha explicación absoluta do mecanismo deste método, pero hai varias teorías. Un argumento é que os cadrados son unha forma xeométrica tan sinxela e primordial que o cerebro a busca automaticamente, completando mentalmente o rebatemento, tanto se está explícito ou non. Cando unha composición usa elementos da escena para que coincidan co cadrado, produce un sentimento de harmonía.

Práctica miniatura|Animación dun rebatemento dentro dun rectángulo Artistas do Renacemento utilizaron o rebatemento como base para obras de arte e arquitectura, e pode ser observado na arte de case calquera período.

Como unha das moitas técnicas de composición, pode usarse para o posicionamento dos elementos dentro do rectángulo. Non hai ningunha regra definitiva ao respecto; unha composición pode ter unha sensación de axitación dinámica ou un sentido de equilibrio en relación a liñas importantes como as do rebatemento ou da regra dos terzos, ou a dos puntos fortes derivados dela.

O rebatemento pode ser aplicado a rectángulos de calquera proporción. Para os de 3:2 de proporción (como na foto fixa de 35mm), o rebatemento coincide coas liñas da regra dos terzos.

Nas culturas occidentais que len de esquerda a dereita, a atención a miúdo céntrase dentro do rebatemento esquerdo ou na liña que forma no lado dereito da imaxe.

Cando se emprega o rebatemento cun lado dun rectángulo dourado e despois se aplica iterativamente ao rectángulo que queda, os "rectángulos xiratorios" resultantes describen a espiral dourada.

Exemplos esquerda|300x300pxEsta imaxe de arte por computador ten o pescador colocado nun dos rebatementos.esquerda|300x300pxEsta pintura de Claude Monet dun campo de papoulas inclúe unha árbore alta no rebatemento do cadrado esquerdo.esquerda|300x300pxRembrandt neste autoretrato coloca a parte iluminada do seu estudio dentro do rebatemento, e a el mesmo no límite do outro.esquerda|300x300pxA pintura de Gustave Caillebotte mostra o barco fóra do cadrado á dereita e o home no bordo máis dereito do cadrado esquerdo, inclinándose.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

"A xeometría secreta da pintura " por François Murez "Rebatemento como ferramenta compositiva" por Judith Reeve

Categoría:Xeometría