Lesbia Yaneth Urquía, nada en Marcala, A Paz en 1967 e finada o 6 de xullo de 2016, foi unha activista lenca dos dereitos humanos en Honduras. Era unha defensora do medio ambiente.

Traxectoria Ela era unha dirixente comunitaria do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras, Copinh, a mesma organización á que pertencía Berta Cáceres. Urquía opúñase ás privatizacións dos ríos, porque son desviados e deixan de dar auga ás comunidades indíxenas. Ademais as represas promoven a deforestación destas zonas polas empresas e afectan á flora e fauna destas terras. Ela combatera a construción dunha presa hidroeléctrica de investidores internacionais na Paz. Os lencas consideraban que as presas afectarían o seu acceso a auga, comida e materiais para medicinas, polo que o seu modo de vida tradicional sería posto en perigo. A construción desta presa fixo que o río Gualcarque deixase de fornecerlles auga.

O 6 de xullo de 2016 atoparon o seu cadáver na cidade de Marcala, cerca do vertedoiro. Foi asasinada dun machetazo na cabeza por dous sicarios. O Consello responsabilizou pola morte ao goberno, especificamente á presidenta do Partido Nacional e o seu esposo.

Urquía tiña tres fillos e 49 anos ao momento de ser asasinada.

Entre 2006 e 2016 foron asasinados 114 activistas ambientais en Honduras.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Blanca Jeannette Kawas Berta Cáceres Margarita Murillo Ligazóns externas COPINH

Categoría:Activistas de Honduras Categoría:Nados en 1967 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Pobo lenca Categoría:Ecoloxistas de Honduras Categoría:Nados en Honduras Categoría:Indixenistas de América Categoría:Asasinatos en Honduras Categoría:Mulleres líderes indíxenas