Heidi Hautala, nada o 14 de novembro de 1955 en Oulu, Finlandia, é unha dirixente política ecoloxista finlandesa coñecida pola súa eficiencia, versatilidade e experiencia en políticas verdes e sustentable, centrándose en Dereitos humanos, transparencia, xustiza global e lexislación ambiental responsable.
Foi presidenta da Liga Verde (en finés: Vihreä liitto) de 1987 a 1991, e candidata presidencial en 2000 e 2006.
Trala incorporación de Finlandia á Unión Europea en 1995, foi elixida para o Parlamento Europeo en 1996. Posteriormente regresa ao parlamento nacional nas eleccións de 2003, volvendo ser elixida eurodeputada en 2009. Desde xuño de 2011 presidiu a Subcomisión de Dereitos Humanos e posteriormente traballou como ministra de Desenvolvemento Internacional de Finlandia no gabinete de Jyrki Katainen.
En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada en canto ao caso "Arctia Shipping".
Traxectoria profesional Antes dos seus importantes cargos políticos, Heidi destacou polo seu activismo en diversas áreas como o foi e segue sendo a protección do Medio Ambiente e a permacultura. Creando espazos de diálogo e alternativas de desenvolvemento competitivo e sustentable; desde o "Lendario Kasvis" de Helsinqui (famoso restaurante vexetariano) até a incidencia en políticas públicas como a IRIE, "Initiative and referendum institute Europe" ou a política de desenvolvemento como presidente de KEPA (Centro de Servizo Finlandés para a Cooperación ao Desenvolvemento).
Tamén se induce no xornalismo participando na fundación da revista "Uuden Ajan Aura" (A Aura da Nova era) (1975) e máis tarde en "Suomi" (1982), as cales se converteron en importantes revistas finlandesas de opinión e formación cultural do seu tempo.
Traxectoria política Foi líder do Partido Verde finlandés 1987-1991. Posteriormente é nomeada membro do Parlamento Nacional de 1991 a 1995. Trala unión de Finlandia á Unión Europea (UE) en 1995, Hautala é elixida deputada do Parlamento Europeo.
En 1998 a Comisión do Parlamento Europeo sobre os Dereitos das Mulleres e a Igualdade de oportunidades elixiuna como a súa presidenta. Do mesmo xeito que o Consello para a igualdade de xénero de Finlandia (TANE).
Demostrando a súa capacidade en diversos postos de responsabilidade política, foi elixida candidata presidencial no 2000 e 2006. E membro do Parlamento Nacional en 2003. Na primeira rolda das eleccións de 2006, terminou en cuarta posición de oito candidatos con 3,5 % (sendo a cuarta forza máis votada con 105,248 votos) segundo rexistros electorais.
En 2009, foi reelixida novamente como representante no Parlamento Europeo.
Signataria da Declaración do 2010 sobre os Crimes do Comunismo e actual crítica da política establecida por Vladimir Putin, foi membro da Conciliación do Grupo de Historia Europea, Presidenta da Fundación Verde Europea.
En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada nos seus informes e accións no manexo político da empresa "Arctia Shipping"; mentres esta procedía a iniciar investigacións policiais en contra da organización Greenpeacetrala irrupción no Ártico dun buque conformado por activistas de Greenpeace en contra da exploración de gas e petróleo.
Regresou ao Parlamento Europeo en 2014.
Actualmente forma parte do consello asesor da "Caucasian Chamber Orchestra association and its German "Förderverein".
Educación Con estudos e experiencia en política e xestión de desenvolvemento, Hautala á súa vez tamén conta con mestría en Agricultura e Silvicultura.
Libros publicados
Hautala, Heidi (2008). "Venäjä-teesit - Vakaus vai vapaus?". Fi: Tammi. ISBN 978-951-31-4245-2.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Heidi Hautala Web oficial de Heidi Hautala no Parlamento Europeo Novas do caso Huatala/Greenpeace Heidi Hautala: Experiencia profesional
Categoría:Ecoloxistas de Finlandia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Finlandia Categoría:Políticos de Finlandia