O Circuíto urbano de Jeddah () deseñado por Hermann Tilke, é un circuíto urbano de 6,175 km construído na cidade portuaria do Mar Vermello de Jeddah, en Arabia Saudita. O circuíto celebrou o Gran Premio de Arabia Saudita inaugural o 5 de decembro de 2021 como a penúltima carreira do calendario da tempada de Fórmula Un de .

Historia Nomeada como a "pista urbana máis rápida" do calendario de Fórmula 1, con coches de Fórmula 1 simulados lograron velocidades medias superiores a 250 km/h, a pista será a segunda pista máis longa do calendario de Fórmula 1, con só Spa-Francorchamps de 7´004 km. máis longo.

O circuíto construíuse na cornixa de Jeddah contigua ao Mar Vermello. O circuíto deseñouno Hermann Tilke.

Características

O circuíto de Jeddah contén máis de 3.300 pezas de muro de formigón xunto con 3.000 barreiras TecPro.

A superficie pavimentouse con máis de 37.000 toneladas de asfalto cun equipo de obras de 1.250 operarios. Do mesmo xeito, as instalacións do autódromo de Arabia Saudita contan con sete tribunas onde os espectadores poderán gozar da carreira nocturna iluminada por focos de 1.500 lux e cableado eléctrico de máis de 20 quilómetros de lonxitude.

Ten un total de 27 curvas, cos muros moi próximos. Tamén conté rectas que favorecen os adiantamentos. Este é o obxectivo principal do seu deseñador, Hermann Tilke.

Ademais da carga aerodinámica requirida polas rápidas variantes de Jeddah, as simulacións estiman que nas rectas se rexistrarán velocidades máximas superiores a 320 km/h. Aínda que o dato máis impresionante é que a velocidade media esperada por volta podería bater o récord de Monza: as previsións apuntan a que se podería alcanzar unha media de 252,8 km/h.

Capacidade espectadores: Lonxitude do circuíto: 6´174 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 50 voltas = 308´45 quilómetros. 27 curvas en total, (16, esquerda – 11, dereita) Configuración aerodinámica: Velocidade máxima estimada 310 km/h con DRS, 252´8 km/h velocidade media. Aceleración a fondo: 79% do tempo de volta. Tempo de freado: -% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: baixo Desgaste dos pneumáticos: baixo Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: 23 segundos Tempo total necesario para a parada en boxes: - segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos. Marca volta: Lewis Hamilton - Mercedes, 1’30.734 ()

Todos gañadores de carreiras de Fórmula 1 en Jeddah Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 5 Oscar Piastri McLaren Mercedes 1:21:06.758 h6´175 km. 50 228,164 km/h 20. abril Arabia Saudita 4 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:20:43,273 h6´175 km. 50 229,456 km/h 9. marzo 3 Sergio Pérez Red Bull RBPT 1:21:14.894 h6´175 km. 50 227,783 km/h 19. marzo 2 Max Verstappen Red Bull-RBPT Red Bull-RBPT 1:24:19.293 h6´175 km. 50 219,481 km/h 27. marzo 1 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 2:06:15,118 h6´175 km. 50 146,588 km/h 5. decembro

Notas

Véxase tamén

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Deporte en Arabia Saudita