Aragonta González, nada en Galicia c. 900/908 e finada en Salceda de Caselas ?, c. 977, foi unha nobre galega, brevemente raíña consorte de León polo seu matrimonio con Ordoño II, de quen foi esposa durante pouco máis dun ano.

Traxectoria Filla do conde Gonzalo Afonso Betote e de Tareixa Eriz, a filla do conde de Lugo, Ero Fernández. Tivo como irmáns os condes Paio e Hermenexildo González, dous nobres de importancia no nordeste da Península Ibérica durante a primeira metade do século X.

En 922 casou co rei Ordoño II, despois da morte en 921 da anterior raíña, Elvira Méndez, segundo os datos que ofrece a Crónica de Sampiro. O matrimonio non durou moito, pouco máis dun ano, despois Ordoño repudiouna, segundo a crónica porque non era do seu gusto, feito polo que o monarca fixo penitencia. Pouco despois o rei comprometeuse coa súa terceira muller, Sancha de Pamplona.

Descoñécese se tivo descendencia. Finalizado o matrimonio volveu a Galicia, onde fundou o mosteiro de Salceda de Caselas, onde é documentada en 967. Probabelmente viviu alí até a súa morte, acaecida cara ao 977.

Notas

Categoría:Reis de León Categoría:Finados en 977 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos