Manuel Casal Rey, nado na Coruña o 5 de agosto de 1898 e finado en Cidade de México o 13 de maio de 1958, foi un futbolista, adestrador e avogado galego.

Traxectoria Nacido na Coruña, en 1912 mudouse a Madrid para estudar na entón chamada Universidade Central, licenciándose como avogado seis anos despois.

Como futbolista Comezou a súa carreira no fútbol base do Deportivo da Coruña, e durante a súa estancia en Madrid militou no Madrid Foot-ball Club (hoxe Real Madrid). Despois emigrou a México, onde formou parte do Real Club España, onde xogou tres tempadas, compartindo filas con xogadores como Lázaro Ibarreche, Jaime Arechederra e Manuel Lecanda. Co España obtivo tres títulos da Liga Amateur de Veracruz nas tempadas 1915/16, 1916/17 e 1917/18. Despois fichou polo Club España de Veracruz, onde xogou unha tempada e gañou o título da Liga Sur na tempada 1917-18. Con todo, unha fractura do nocello dereito acabou prematuramente coa súa carreira.

Como adestrador Despois da súa lesión regresou a España para continuar a súa carreira como adestrador de fútbol. Dirixiu no fútbol base do Deportivo da Coruña, o Betis, o Sevilla e o Racing de Santander.

En 1940, a directiva da Unión Española contratou a Casal, co obxectivo de formar un novo cadro de xogadores, despois da paréntese deportiva que tomou o club na tempada 1939, que rematou coa marcha de trece dos seus xogadores. Casal formou unha escuadra sen reforzos estranxeiros, baseada nos xogadores das divisións inferiores, que estaban ao cargo de Andrés García e Félix Cantín.

miniatura| Cadro de xogadores da Unión Española, formado inicialmente por Casal, campioa da Primeira División en 1943.A primeira tempada deste equipo foi desastrosa, rematando na décima e derradeira posición. A pesar deste fracaso, os dirixentes seguiron confiando no proxecto e, na temporada de 1941, o club rematou na parte media da clasificación (5.º lugar), conseguindo sete vitorias, cinco empates e cinco derrotas. Na de 1942, rematou en sétimo lugar, despois de sete triunfos, un empate e dez derrotas. En 1943 deixou o equipo, sendo substituído por Atanasio Pardo. Co cadro de xogadores que formara Casal, xunto aos reforzos de Segundo Flores e Luis Ponce, a Unión Española conquistou a Primeira división esa tempada.Marín 1995, pp. 61–66

En 1944 deixou Chile para dirixir a Unión Deportiva Moctezuma de Orizaba en México. Tamén no país azteca adestrou o Puebla durante a tempada 1951-52.

En 1952 regresou á súa Coruña natal, onde foi contratado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, trala destitución de Chacho e despois dun breve período de interinidade de Waldo Botana.

Vida persoal Casou con Hortensia Gestal, coa que foi pai de María Victoria Casal Gestal.

Notas

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Adestradores de Unión Española Categoría:Adestradores do Club de Deportes Badminton Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña