Alberto Rodríguez Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 11 de decembro de 1981,Alberto Rodríguez Rodríguez na páxina do Congreso. é un ex-deputado español de Podemos no Congreso dos Deputados, obreiro industrial de formación e tamén coñecido polo seu labor como activista social.

Traxectoria Fillo dunha mestra e dun electricista, Alberto Rodríguez naceu no barrio obreiro de Ofra, en Santa Cruz de Tenerife, onde residiu até a súa elección como deputado. Estudou un ciclo superior de química ambiental e traballou durante nove anos como operario nunha refinaría de petróleo, na que participou como representante sindical. Militou en Esquerda Unida e estivo implicado en diferentes movementos sociais, como o estudantil (Sindicato de Estudiantes Canario e Comité de Estudiantes), en protestas contra as guerras e en convocatorias polos dereitos civís. Como consecuencia do seu activismo, foi detido en 2012 durante as manifestacións do 15-M pero quedou absolto. Dende o 13 de xaneiro de 2016 é deputado de Podemos no Congreso pola provincia de Santa Cruz de Tenerife.

O 5 de xuño de 2019 anunciouse que sería o novo secretario de organización de Podemos en substitución de Pablo Echenique.

O 20 de xaneiro de 2021 o Tribunal Supremo imputou a Rodríguez por un presunto delito de atentado contra a autoridade e falta ou delito leve de lesións por uns incidentes acontecidos en 2014. O alto tribunal iniciou o procedemento unha vez que o Congreso dos Deputados aceptou o suplicatorio solicitado en decembro de 2020. Foi finalmente inhabilitado como deputado o 22 de outubro de 2021, após unhas semanas de polémica entre o Tribunal Supremo e o Congreso dos Deputados. Porén, en xaneiro de 2024 o Tribunal Constitucional fallou que Rodríguez non debería ser condenado a prisión, senón simplemente a unha pena pecuniaria, polo que non debera perder o seu escano.

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)