O American Song Contest é unha vindeira adaptación americana do Festival da Canción de Eurovision na que cincuenta estados, cinco territorios e mais o distrito federal Washington, D.C competirán polo título de Mellor Canción Orixinal. Christer Björkman, Anders Lenhoff, Ola Melzig e Peter Settman serán os produtores xunto con Ben Silverman como produtor executivo. O concurso está programado tentativamente para estrearse a metade de tempada en 2022 na NBC.
Produción A UER anunciou que a NBC adquirira os dereitos para retransmitir a competición o 14 de maio de 2021. A NBC, pola súa parte, anunciou que o American Song Contest estrearíase a metade de tempada en 2022 despois de publicar o seu calendario de outono para a próxima tempada televisiva 2021/22.
Christer Björkman e Ola Melzig adquiriron os dereitos para producir unha adaptación americana do Festival de Eurovision da UER e ser os produtores xunto a Anders Lenhoff e Peter Settman. Ben Silverman será o produtor executivo do programa. Propagate Content e Universal Television Alternative Studio serán as empresas de produción.
Formato As cancións orixinais que representen un estado, territorio ou Washington, D.C. –capital nacional e distrito federal dos Estados Unidos– serán interpretadas nun programa de televisión en directo transmitido en todo o país. Os actos poden consistir en artistas solo, dúos, bandas ou DJs. A competición contará con roldas cualificadoras ás cales seguirán semifinais e Gran Final. A canción gañadora logrará o título de "Mellor Canción Orixinal."
Participantes LocalizaciónTipoArtistaCanciónLinguaEstadoEstadoTerritorioEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoTerritorioEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoTerritorioEstadoEstadoEstadoEstadoTerritorioEstadoEstadoEstadoEstadoEstadoTerritorioEstadoEstadoEstadoEstadoDistrito federalEstadoEstadoEstado
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Festival da Canción da URA Festival da Canción de Asia Festival de Eurovisión Júnior Festival da Canción de Turkvisión
Categoría:Unión Europea de Radiodifusión Categoría:Festival de Eurovisión Categoría:Programas de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Festivais de música nos Estados Unidos de América