Xabier Domínguez Pérez, nado en Vilar de Barrio o , é un escritor de literatura infantil e xuvenil, editor e mestre galego.
Traxectoria Estudou a Primaria na súa vila natal de Vilar de Barrio, e pasou a Secundaría no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames de relato curto. Nesta etapa de ensino secundario gañou o III certame de relato curto, Letras Galegas, organizado polo concello de Xinzo de Limia e resultou finalista no concurso de relato curto Entre nós, en galego, na fase provincial en Ourense, organizado pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.
Estudou Maxisterio Musical na Universidade de Santiago de Compostela do ano 2004 ao 2007. Dedicouse ao mundo da educación dende o remate da carreira pasando por diferentes colexios de Galicia.
Creou en decembro de 2015, xunto con Abel Costa a organización activista en prol da infancia Meu Rei. Organización que se dedica a colaborar con outras entidades na elaboración de actividades ou iniciativas que repercutan neste grupo social.
Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón (2017) e La Superabuela de Antón (2017), libros editados tanto en galego coma en castelán (Editorial Meu Rei) dos que é coautor xunto con Alba de Evan Freijedo.
Criado á sombra da Serra de San Mamede, creou xunto coa súa compañeira Alba de Evan a serie de contos con temática medioambiental Naturizo (Linteo) que transcorre na mesma Serra. Dende o 2017, ano da súa publicación, saíron publicados oito títulos distintos dentro da colección: Unha casa para o inverno, Un agasallo para Naturizo, Un perigo inesperado, Un cheiro picante, O retorno das flores, Un fogar para Marmelo, Onde está Lusco? e Lazos de amizade.
No ano 2020, continuando no eido do público infantil, publicou Fronteiras de papel (Antela Editorial), no que trata a problemática á que se enfrontan os migrantes na súa procura dun futuro mellor.
Tamén no ano 2020 foi un dos membros fundadores de Antela Editorial, dedicada á literatura infantil e xuvenil, onde tamén exerce o papel de editor.
No mes de maio do ano 2021 editouse a súa primeira novela xuvenil, Maxia de Pedra con Edicións Xerais de Galicia, escrita xunto con Alba de Evan, unha historia na que mestura actualidade e fantasía, con elementos históricos da historia antiga de Galicia coma a cultura castrexa. No mes de outubro do mesmo ano editouse a segunda novela xuvenil, A bruxa Selana con Cumio Edicións, escrita xunto con Alba de Evan e traducida ao castelán.
Obra en galego Literatura infantil e xuvenil
Con Alba de Evan Freijedo
A Superavoa de Antón (2017). Meu rei. ISBN 978-84-617-9456-0
Naturizo. Unha casa para o inverno (2017). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-2-4. Naturizo. Un agasallo para Naturizo (2017). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-3-1. Naturizo. Un perigo inesperado (2017). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-945800-4-8. Naturizo. Un cheiro picante (2017) Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-5-5. Naturizo. O retorno das flores (2017). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-945800-6-2. Naturizo. Un fogar para Marmelo (2018). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-947728-6-3. Narutizo. Onde está Lusco? (2019). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-120058-2-0. Naturizo. Lazos de amizade con peluche de Amelia (2020). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-120058-8-2. Fronteiras de Papel (2020). Antela Editorial. Ilustracións de David Lorenzo. ISBN 978-84-09-22034-2. Naturizo. O Camiño das estrelas (2021). Ediciones Linteo. ISBN 978-84-123801-2-5. A bruxa Selana (2021). Edicións do Cumio. Con Laura Cortés. 84 páxs. ISBN 9788482895475. Maxia de Pedra (2021). Xerais. Ilustracións de Eli García. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-885-2. ePub: ISBN 978-84-9121-900-2. Miquits (2022). Antela Editorial. Ilustracións de Paula Cheshire. 56 páxs. ISBN 978-84-125452-0-3. A pulga espacial (2023). Edicións do Cumio. 84 páxs. ISBN 9788482896205. Rosalía. Unha vida feita poema. (2023). Edicións do Cumio. 40 páxinas. ISBN 978-84-8289-625-0 Luis Seoane. Unha vida feita poema. (2023). Edicións do Cumio. 40 páxinas. ISBN 978-84-8289-627-4. Naturizo. Unhas pegadas misteriosas (2023). Ed. Linteo. ISBN 978-84-123801-7-0. Segredos soterrados (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Eli García. 120 páxs. ISBN 978-84-1110-334-3. ePub: ISBN 978-84-1110-352-7. Rolando. Un fío resistente (2024). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Paula Cheshire. 104 páxs. ISBN 978-84-1176-316-5. Guía ilustrada do Entroido galego (2025). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iria Prol. ISBN 978-84-1110-719-8.
Con Miguel Ángel Alonso Diz O xigante de Allariz. Monchiño de Magarelos (2021). Antela Editorial. 26 páxs. ISBN 978-84-09-32428-6. Ilustracións de Tania Martíns. En verso. Con Pakolas
- Unha animalada de colexio (2024). Edicións Embora. 22 páxs. ISBN 978-84-17824-98-3 . Arranxos musicais Pakolas. Ilustracións de Dani Padrón. En verso.
Traducións La Superabuela de Antón (2017). Meu rei. ISBN 978-84-617-9446-1 La bruja Selana (2021). Edicións do Cumio. Con Laura Cortés. 84 páxs. ISBN 978-84-828-9546-8 Miquits (2022). Antela Editorial. Ilustracións de Paula Cheshire. 56 páxs. ISBN 978-84-125452-1-0 La pulga espacial (2023), Edicións do Cumio, 84 páxs. ISBN 9788482896199 Rosalía. Unha vida feita poema. (2023). Edicións do Cumio. 40 páxinas. ISBN 978-84-8289-624-3 Luis Seoane. Unha vida feita poema. (2023). Edicións do Cumio. 40 páxinas. ISBN 978-84-8289-626-7
Obras colectivas Creadores na reserva (2022). Gálix.
Premios
2026: Premio Follas Novas do Libro Galego, Iniciativa Bibliográfica por Guía ilustrada do Entroido Galego.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en 1984
Categoría:Nados en Vilar de Barrio
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia