A dos ánguidos,ánguidos no Dicionario da RAG. Anguidae, é unha familia de réptiles escamosos.The Reptile Database.
Caracterízanse pola atrofia das patas en numerosas especies, o que non quere dicir que estean directamente emparentados coas serpentes nin coas anfisbenas; trátase, pois, dun notábel caso de converxencia evolutiva.
A súa área de distribución abarca as rexións do hemisferio norte do Vello e o Novo Mundo, América, Asia, Europa e África do Norte.
A maioría das súas especies son terrestres, viven na follaxe e os detritos do solo dos bosques. Hai especies que son ovovivíparas, o cal é particularmente vantaxoso, como protección para os inmaturos, especialmente en zonas de climas fríos e húmidos.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo "A synopsis of the genera of Reptiles and Amphibia, with a description of some new species".Gray (1825), publicado en Annals of Philosophy, London, ser. 2, vol. 10, pp. 193–217.
Etimoloxía O nome científico da familia, Anguidae, está formado, segundo a norma, sobre a raíz Angu- do nome do seu xénero tipo, Anguis, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.Anguidae no Merriam-Webster Dictionary.
Clasificación Na familia distínguense tres subfamilias, cos xéneros que se indican:Anguidae no ITIS. Consultado o 16 de maio de 2021. Abrangue unhas 100 especies nos 12 xéneros descritos.
Familia Anguidae Gray, 1825 Subfamilia Anguinae Gray, 1825 Comprende as especies máis coñecidas, ten poucas especies pero cunha área de distribucióngama moi ampla, encontrándose en toda Europa (incluíndo as súas rexións máis inhóspitas) e Asia, cunhas poucas no norte de África. Xénero Anguis, 2 especies. Europa, Asia, o Cáucaso, Irán, Alxeria e Tunisia. Xénero Ophisaurus, 14 especies. Norteamérica, sueste de Asia, Taiwán, China, India, norte de África. Xénero Pseudopus, 1 especie. Sueste e leste de Europa, incluído o sur de Rusia, o sur de Ucraína, o Medio Oriente e o Cáucaso. Subfamilia Diploglossinae Bocourt, 1873 Encóntrase a través de América Central e algunhas partes do Caribe, e alcanza o sur da Arxentina. Xénero Celestus, 27 especies. Habitan nalgunhas illas das Antillas (A Española, Xamaica, as illas Caimán), e en Costa Rica, México, Honduras, Guatemala e Belize. Xénero Diploglossus, 18 especies. En México, Porto Rico, Guatemala, Nicaragua, O Salvador, Costa Rica e Panamá, Honduras, Cuba, o Brasil, Bolivia, o Perú, Colombia, Ecuador. Xénero Ophiodes, 4 especies. De Bolivia, Paraguai, a Arxentina, o Brasil e o Uruguai. Subfamilia Gerrhonotinae McDowell & Bogert, 1954 Distribúsee máis ao norte, desde América Central até o Canadá. Xénero Abronia, 28 especies. Viven en Guatemala, México, Belize, O Salvador e Honduras. Xénero Barisia, 3 especies. Exclusivas de México. Xénero Coloptychon, 1 especie. Oeste de Panamá, leste de Costa Rica. Xénero Elgaria, 7 especies. Canadá, Estados Unidos de América, México. Xénero Gerrhonotus, 2 especies. Estados Unidos de América, México, Guatemala. Xénero Mesaspis, 6 especies. México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá.
Características morfolóxicas As características comúns deste grupo inclúen un arco supratemporal reducido, estriacións nas caras mediais das coroas dos dentes, osteodermos, e un pregamento lateral na pel da maioría dos taxons. Os osteodermos, duros, baixo as escamas, dándolle a estes animais un aspecto blindado. Moitas das especies teñen os membros reducidos ou ausentes, o que lles dá unha aparencia de serpe, mentres que outros teñen os membros completamente desenvolvidos. A forma do corpo varía entre as diferentes especies, con tamaños que oscilan entre os 10 cm e os 1,5 m.
Alimentación e hábitat Estes lagartos son carnívoros ou insectívoros, alimentándose principalmente de insectos, aínda que se sabe que as especies máis grandes aliméntanse de pequenos réptiles e anfibios. Habitan nunha ampla gama de hábitats diferentes en todo o mundo, desde os ambientes áridos até os tropicais. A maioría das especies coñecidas son terrestres ou semisubterráneas, coa excepción dun único xénero arbóreo, Abronia.
Reprodución O grupo inclúe especies ovíparas e vivíparas, que poden presentarse nun mesmo xénero ás veces.
Evolución miniatura|210px|esquerda|Helodermoides tuberculatus. thumb|482x482px| Esta figura mostra unha filoxenia simplificada das subfamilias dos ánguidos baseada na análise de datos de secuencias de ADN mitocondrial. Os ánguidos teñen un rexistro fósil relativamente bo, e son relativamente comúns como fósiles no Cretáceo final e o Paleóxeno do oeste de América do Norte. O ánguido máis antigo coñecido, co rexistro fósil máis completo de calquera lagarto, é Odaxosaurus, do Campaniano tardío do Canadá, hai uns 75 millóns de anos. O Odaxosaurus e outros ánguidos do Cretáceo tardío xa presentan moitas características atopadas nos ánguidos actualmente viventes, incluíndo dentes parecidos a ciceis e placas de armadura na pel, o que suxire unha longa historia evolutiva para o grupo. Os ánguidos foron particularmente diversos durante o Paleoceno e o Eoceno en América do Norte.
Algunhas especies, como as pertencentes ao xénero Glyptosaurus, dunha extinta subfamilia de ánguidos, creceron a até chegar a teren grandes dimensións, e evolucionaron cunha dentición esmagadora altamente especializada.
O longo rexistro fósil dos ánguidos en América do Norte suxire que o grupo probabelmente evolucionou alí durante o Cretáceo, antes de dispersarse a Europa no Paleóxeno.
En Galicia En Galicia unicamente vive unha especie, Anguis fragilis, concretamente da subespecie Anguis fragilis fragilis Linnaeus, 1758.Lista patrón dos réptiles de Galicia. En: VV.AA. (1995): Atlas de Vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X, p. 121.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas David López Bosch (06/07/2015): No tener patas no te convierte en una serpiente . Anguidae na ADW. John Edward Gray (1825): A synopsis of the genera of Reptiles and Amphibia, with a description of some new species.
Categoría:Saurópsidos