Pedro Payo Piñeiro, nado na Coruña o 15 de setembro de 1814 e finado en Manila o 1 de xaneiro de 1889, foi un relixioso galego.

Traxectoria Entrou no convento de San Domingos con dezasete anos. En 1837 foi enviado ás Filipinas, onde estudou na Universidade de Santo Tomás de Manila. En 1839 ordenouse sacerdote.

Entre 1863 e 1866 foi nomeado procurador das misións en Hong Kong antes de volver ás Filipinas, onde ocupou diferentes cargos. En 1872 faleceu o bispo de Cebú, entón a máis grande do mundo, e tres anos despois Payo foi elixido para sucedelo. Porén, non chegou a asumir o cargo porque foi nomeado arcebispo de Manila en 1876. Durante o seu bispado ordenou realizar un censo nas illas, estableceu un vapor por mor do conflito con Alemaña sobre as illas Carolinas e consagrouse a nova catedral de Manila.

Recoñecementos Recibiu as Cruces de Isabel a Católica, de Carlos III e do Mérito Naval. En 1966 o concello da Coruña nomeou unha rúa na súa honra en Eirís.miniatura|Catedral de Manila tralo terremoto de 1880.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Dialnet

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos católicos de Filipinas Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Dominicanos de España