David Robles Díaz, nado en Bilbao o 15 de novembro de 1971, é un actor de dobraxe español.
Traxectoria Robles iniciou a súa carreira como actor en 1984 tras ser alumno da Escola de Dobraxe Salvador Arias de Madrid durante un ano. Aos doce anos de idade, iniciouse no mundo da dobraxe co filme Mi hermano mayor. Como actor de televisión, tivo un papel secundario en Farmacia de guardia, onde interpretaba un amigo de Kike (Miguel Ángel Garzón), sendo un dos primeiros papeis de adolescente homosexual na television de EspañaPablo de ‘Farmacia de guardia’: el primer gay adolescente de la televisión, consultado en abril de 2020 . . Tamén fixo personaxes episódicos en series como Hermanas, El súper e El comisario.
A maior parte da súa vida profesional foi enfocada na dobraxe e a locución, prestando a súa voz aos actores Leonardo DiCaprio, Ethan Hawke, Cillian Murphy, Ashton Kutcher, Jared Padalecki, David Tennant, Paul Dano, ou Jamie Dornan, entre outros. De feito, un dos papeis máis complexos que realizou no mundo da dobraxe foi o de Leonardo DiCaprio en The Wolf of Wall Street; despois de terminar o traballo estivo durante unha semana afónico.
Series de televisión +TítuloCanleHermanasTelecincoEl súperTelecincoEl comisarioTelecincoFarmacia de guardiaAntena 3
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha como actor en ElDoblaje.com Biografía na escueladedoblajedemadrid
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de voz de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de dobraxe