Leila Slimani, nada en Rabat, Marrocos, o 3 de outubro de 1981, é unha xornalista e escritora francomarroquí de nai francoarxelina e de pai marroquí. A súa segunda novela, Chanson douce, foi galardoada co Premio Goncourt en 2016.

Traxectoria Leila Slimani, alumna do Liceo francés de Rabat, creceu nunha familia de fala francesa. O seu pai, Othman Slimani, é banqueiro, a súa nai é médica ORL, medio alsaciana, medio marroquí. En 1999, marchou a París, onde se diplomou no Instituto de Estudos Políticos de París. Tentou converterse en actriz de teatro (Cours Florent) e decidiu completar os seus estudos no ESCP Europe Business School, cunha formación para os medios. Christophe Barbier, padriño da súa promoción, ofrécelle unha estancia en L'Express.

En Éditions Gallimard fixo un curso de creación literaria con Jean-Martin Laclavetine como titor.

Finalmente, entrou na revista Jeune Afrique en 2008, onde tratou os temas relacionados co norte de África. En 2012, deixou a redacción de Jeune Afrique para dedicarse á escritura, aínda que seguiu traballando pola súa conta para a revista.

En 2014, publicou a súa primeira novela en Éditions Gallimard, Dans le jardin de l’ogre, adquirida por unha produtora (Huffpost), para unha adaptación cinematográfica. O tema, a adicción sexual feminina, e a literatura, son destacados pola crítica e a obra foi seleccionada como unha do cinco finalistas do Premio de Flore, de París. A novela vendeu 15.000 exemplares en Marrocos. En 2015, esta novela recibiu o 6º Premio Literario da Mamounia, outorgado a un autor marroquí en lingua francesa, e foi a primeira muller en recibilo.

A súa segunda novela, Chanson douce, obtivo o Premio Goncourt en 2016. Nela trátanse temas pouco presentes na literatura, da maternidade, do embarazo, da crianza.

Na segunda volta das eleccións presidenciais de Francia en 2017 apoiou xunto a un grupo de personalidades da sociedade civil a Emmanuel Macron para bloquear a Marine Le Pen. O mesmo ano recibiu o premio "Out" de ouro pola súa condena á penalización da homosexualidade en Marrocos e ao control do corpo das mulleres.

Obra

La Baie de Dakhla: itinérance enchantée entre mer et désert, Malika Éditions, Casablanca, 2013, 200 p. Dans le jardin de l’ogre, éditions Gallimard, coll. « Blanche », 2014, 224 p. . Chanson douce, éditions Gallimard, coll. « Blanche », 2016, 240 p. . Le diable est dans les détails, éditions de l'Aube, 2016, 64 p. (ISBN 978-2-8159-2144-2) Sexe et mensonges: La Vie sexuelle au Maroc (French Edition) 2017, 192 p. (ISBN 978-2-35-204568-7).

Notas

Categoría:Nados en Rabat Categoría:Feministas de Marrocos Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de Marrocos Categoría:Personalidades do xornalismo