Anguis cephallonica é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1894 polo zoólogo e explorador austríaco Franz Werner,Anguis cephallonica Werner, 1894 no ITIS. no seu traballo "Die Reptilien- und Batrachierfauna der jonischen Inseln". Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien 44: 225–237.Anguis cephallonica Werner, 1894 no GBIF.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Anguis cephallonica Werner, 1894 en The Reptile Database.
Anguis fragilis var. cephallonica Werner, 1894 Anguis fragilis peloponnesiacus Stepanex, 1937 Anguis fragilis fragilis Wermuth, 1969 Anguis fragilis peloponnesiacus Bischoff & Bischoff, 1980 Anguis fragilis peloponnesiacus Meyer, 1985 Anguis cephalonnicus Grillitsch & Cabela, 1990 (incorrecto gramaticamente)Anguis é un nom feminino, e cephallonicus e cephalonicus, masculinos; este último, ademais, cun só "l". Anguis cephallonicus Engelmann et al., 1993 (incorrecto gramaticamente) Anguis cephallonicus Arnold, 2002 (incorrecto gramaticamente) Anguis cephalonicus Rutsche et al., 2005 (incorrecto gramaticamente) Anguis cephallonicus Trapp, 2007 (incorrecto gramaticamente) Anguis cephallonicus Kwet & Trapp, 2014 (incorrecto gramaticamente)
Nota taxonómica Esta especie foi considerada idéntica á súa curmá Anguis fragilis ou como subespecie desta última, co nome de Anguis fragilis peloponnesiacus. Hoxe en día considérase unha especie separada.Grillitsch & Cabela (1990): "Zum Systematischen Status der Blindschleichen (Squamata: Anguidae) der Peloponnes und der südlichen Ionischen Inseln". Herpetozoa 2 (3-4): 131-153.Gvoždík, Jandzik, Lymberakis, Jablonski & Moravec (2010): "Slow worm, Anguis fragilis (Reptilia: Anguidae) as a species complex: Genetic structure reveals deep divergences". Molecular Phylogenetics and Evolution 55 (2): 460-472.
Distribución e hábitat Endémica de Grecia, a especie encóntrase no Peloponeso, e nas illas de Cefalonia e Zante.
Os seus hábitats naturais son os bosques e matogueiras temperadas, as zonas de vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, as praderías, pastos, as terras cultivadas e os xardíns rurais.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status deste especie como NT (case ameazada) porque a súa área de distribución probabelmente non sexa moito maior de 20 000 km2, e está perseguida e suxeita a outras ameazas como os incendios, o que fai que a estea preto de cualificala como vulnerábel.Wolfgang Böhme & Petros Lymberakis (2017): Anguis cephallonica na Lista vermella da UICN. Versión 2021-1. Consultada o 18 de maio de 2021.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnold, E. N. (2003): Reptiles and Amphibians of Europe. Princeton e Oxford: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-1413-2.
Outros artigos Ánguidos Anguis
Ligazóns externas Anguis cephallonica Werner 1894 na EOL.
Categoría:Saurópsidos Categoría:Réptiles de Grecia Categoría:Fauna endémica de Grecia Categoría:Animais descritos en 1894