Francisco José Rodríguez Araya, nado en Zürich o 8 de febreiro de 1995, é un futbolista suízo de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.

É o irmán máis novo do internacional Ricardo Rodríguez e do extremo Roberto Rodríguez.

Traxectoria

Orixes Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.

FC Zürich Criouse futbolisticamente na canteira do FC Zürich, debutando co primeiro equipo na Superliga suíza o 20 de xullo de 2014 no derbi contra o Grasshopper, gañando por 1-0. En agosto debutou en competición europea, xogando contra o Spartak Trnava na previa da Europa League 2014/15. Xa na fase de grupos xogou cinco dos seis encontros do seu equipo, contra Borussia Mönchengladbach, Villarreal e Apollon Limassol, sen poder clasificarse para a seguinte rolda.

VfL Wolfsburg Despois dun ano no primeiro equipo do Zürich, mudouse a Alemaña no verán de 2015, para xogar xunto a seu irmán Ricardo no VfL Wolfsburg, onde asinou un contrato de tres anos. Alí xogou no equipo filial e debutou co primeiro equipo na Bundesliga na xornada 17 fronte ao VfB Stuttgart. Foi ademais convocado para un encontro da Liga de Campións, pero non chegou a saír do banco.

En xaneiro saíu cedido ao Arminia Bielefeld e xogou na segunda división alemá ata o final de tempada. Ao remate desta o Wolfsburg volveuno ceder, esta vez ao FC Luzern, da Super Liga suíza.

FC Luzern En xuño de 2017, despois dunha tempada cedido no Luzern, foi traspasado ao club branquiazul, xogando neste ata a tempada 2018/19.

FC Lugano En xuño de 2019 fichou xunto a Olivier Custodio polo FC Lugano, tamén da Super Liga. Con este club volveu disputar a Europa League, xogando contra Malmö na fase de grupos.

FC Schaffhausen En maio de 2020 incorporouse ao FC Schaffhausen, da Challenge League (segunda división suíza), xunto ao seu irmán Roberto.

Selección nacional Foi internacional coa selección suíza sub-19 en 2013, e despois foino coas sub-20 e sub-21. En agosto de 2014, o adestrador Jorge Sampaoli convocouno para xogar coa selección chilena dous amigables contra México e Haití, pero rexeitou a invitación. Volveu ser convocado en agosto de 2015 para un partido contra Paraguai, aceptando inicialmente, pero retractándose uns días despois, para continuar na selección sub-21 de Suíza.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en Soccerway . Datos do xogador no sitio web oficial do FC Schaffhausen .

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores do FC Luzern Categoría:Xogadores do FC Schaffhausen