Xosé Carlos Carracedo Porto, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1990, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria É Graduado en Maxisterio e escritor. Na mocidade e con certa axuda de Neira Vilas escribiu a súa ópera prima Somos de Arxerís, que ilustrou o fotógrafo Fuco Reyes. Posteriormente empezou a traballar con nenos e nenas de altas capacidades en proxectos impulsados pola Universidade de Santiago de Compostela en diversos lugares da xeografía galega. No 2018 participou con María Solar, María Oruña e Armando Requeixo no Congreso Internacional de Altas Capacidades como relator na mesa de Talento Literario.
Na década de 2020 empezou a publicar textos nas súas redes sociais e publicou o libro autobiográfico Diario dun confinamento. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en 2023.Sanmartín, Xabier (29/10/2023). "El compostelano Xosé Carlos Carracedo Porto gana el premio de poesía Pérez Parallé 2023" El Correo Gallego . En 2024 recibiu o Premio Exeria, cunha bolsa para desenvolver un proxecto literario na Toscana, Italia.
Obra Somos de Arxerís (2017). Noia: Edicións Toxosoutos. 154 páxs. ISBN 978-84-120613-1-4 (2ª, 2019). Diario dun confinamento (2021). Santiago: Edicións Bolanda 160 páxs. ISBN 978-8418176678. Utensilios de cociña e algúns obxectos caleidoscópicos (2024). Culleredo: Espiral Maior. 82 páxs. ISBN 978-84-127343-4-8. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Entrevista no programa de televisión Santiago Sí (22/3/2018), El Correo Gallego, en YouTube.
Recitado na Libraría Paz en xaneiro de 2025.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1990