miniatura|Carl von Linné, pai da taxonomía moderna. En nomenclatura, o autor con nome científico é a persoa ou equipo que describiu, denominou e publicou validamente un taxon. A cita do autor é a referencia ó autor ou autores do taxon e escríbese logo do nome científico do mesmo.Tormo Molina, R. Nomenclatura botánica Lecciones Hipertextuales de Botánica. Consultado o 23 de febreiro de 2010.
O modo en que se realiza a cita do autor dun determinado nome científico varía segundo se trate de taxons de plantas, animais ou bacterias, e atópase normalizado, respectivamente, polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica e o Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias. De feito, no caso dos taxons de plantas, a cita do autor realízase en forma xeralmente abreviada, mentres que nos casos dos taxons de animais e de bacterias utilízase o apelido completo do autor.Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I, Editorial ACME, Buenos Aires, páx. 4.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
A continuación detállanse as normas e recomendacións para citar ao autor ou autores de taxons de plantas, animais e bacterias.
Regras e recomendacións
Taxons de plantas As regras e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxon de plantas están establecidas no artigo 46 do Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, as cales se resumen a continuación:International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Division II. Rules and recommendations, Chapter IV, Effective and valid publication, Section 3. Author citations..
Nas publicacións, particularmente aquelas referidas a taxonomía e nomenclatura, é desexable citar aos autores do nome do taxon, aínda cando non se realice unha referencia bibliográfica.International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art.46.1 Exemplos:
Pode observarse que a cita do autor realízase tanto para a familia (Rosaceae), como para o xénero (Rosa), a especie (Rosa gallica) ou a variedade (Rosa gallica var. eriostyla). O autor para o nome da familia é Antoine-Laurent de Jussieu, para o nome do xénero e da especie é Carl von Linné e para a variedade é Robert Keller. Todos eses nomes foron convenientemente abreviados segundo se indica na seguinte sección.
Aínda nas revistas científicas, o nome do autor dun taxon cítase só a primeira vez que se menciona a dito taxon. Exemplo:Vanni Ricardo O., Kurtz Ditmar B. 2005. Nueva variedad y precisiones taxonómicas para el género Vicia (Leguminosae) en el norte de la Argentina. Darwiniana vol.43, n.1-4 [citado 2010-03-27], pp. 216-231
O nome dun novo taxon debe atribuírse ao autor ou autores que realizaron a descrición válida ou diagnose dese taxon, aínda que a publicación da diagnose sexa realizada por outros autores.International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2.
Cando o nome dun taxon se publica conxuntamente por dous autores, ambos deben citarse unindo os seus nomes coa palabra «et» ou o símbolo «&».International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.C.1.
Cando a autoría dun nome científico difire da autoría da obra na cal foi validamente publicado, ambos os autores son citados frecuentemente conectándoos coa palabra «in». En tales casos «in» e o que segue por detrás non son parte da cita do autor senón da cita bibliográfica e é mellor omitilo, a menos que se desexe citar o lugar onde o nome foi publicado.International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2., Note 1.
O nome dun novo taxon debe ser atribuído ao autor ou autores da publicación na que a descrición válida aparece por primeira vez, aínda que o nome se atribúa a un autor diferente. Pódese, no entanto, recoñecer a autoría do nome científico inserindo a palabra «ex» logo do mesmo, seguido do nome do autor ou autores da descrición válida.International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.4.
Abreviatura do autor Nos taxóns de plantas, os nomes dos autores cítanse de forma abreviada, de acordo a normas estandarizadas. Richard Kenneth Brummitt e C.E. Powell publicaron no contexto dos estándares TDWG, en 1992, unha nómina das abreviaturas dos autores de nomes científicos de plantas en conformidade coas normas provistas polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas. Tal nómina actualízase continuamente e faise pública nas páxinas web das organizacións denominadas «International Plant Names Index» (IPNI; en galego, Índice internacional de nomes de plantas)International Plant Names Index. Consultado o 6 de marzo de 2010. e «Index Fungorum » (en galego, « Índice de fungos»).Index Fungorum. Consultada o 6 de marzo de 2010. A norma principal en canto á abreviatura do nome do autor dun nome científico dun taxón de plantas é que a abreviatura debe ser abondo longa como para ser distintiva e debería terminar cunha consoante que, no nome completo, precede a unha vogal. As primeiras letras do nome deben probarse sen omisión, pero unha das últimas consoantes pode engadirse de ser necesario.International Association for Plant Taxonomy. 2006. Código internacional para a nomenclatura botánica. Citas de autores. Recomendación 46.A.2 Exemplos:
Taxons de animais As normas e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxon de animais atópanse descritas no capítulo 11 do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, as cales se detallan a continuación:International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
No caso dos taxons de animais, a cita do autor é opcional, a pesar de que é de uso corrente e recomendable.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4 Recoméndase que se cite o autor ou autores polos seus apelidos e a data da publicación. O nome do autor escríbese a continuación do nome do taxon sen ningún signo de puntuación entre eles, fóra dos casos que se describen no próximo punto.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50 and 51.2. Authors of names and nomenclatural acts, Form of citation of authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
Cando unha determinada especie se cambia a un xénero que non é o orixinal (acto nomenclatural que se denomina «combinación»), o nome do autor da descrición e nome inicial colócase entre paréntese. O ano, se se cita, débese colocar no mesmo paréntese.51.3.
Se se desexa pódese citar tamén o nome do autor que realizou unha nova combinación.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship. Recommendation 51G. Citation of person making new combination. Authors of names and nomenclatural acts, Form of citation of authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
Se o apelido de dous ou máis autores pode dar lugar a confusións, distinguiranse tamén polos seus nomes, como en bibliografía científica.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. Recomendación 51.A. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
Se o apelido do autor está orixinalmente escrito nunha lingua que non use o alfabeto latino, deberase transliterar.International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. Recomendación 51.B. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
taxons de bacterias As normas e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxon de bacterias atópanse descritas na sección 6 do Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias.SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
Na nomenclatura das bacterias o nome do autor non se abrevia —contrariamente ás normas da nomenclatura botánica— e o ano de publicación do taxon non se separa do nome do autor por unha coma, a diferenza da norma da nomenclatura de animais.
Se a alteración da circunscrición dun taxon ou dos seus caracteres diagnósticos modifica a natureza de dito taxon, o autor responsable pode ser indicado polo agregado da abreviatura «emend.» (do latín «emendavit», emendado) seguido do nome do autor responsable do cambio. Por exemplo:SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. Citation of the Name of a Taxon whose Circumscription Has Been Emended. Rule 35. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
Un nome que se conserva a pesar de que o tipo do taxon ao que alude foi excluído, non debe ser referido ao autor orixinal senón ao autor cuxo concepto ou definición do taxon se conservou.SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. Citation of a Name Conserved so as to Exclude the Type. Rule 36. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
Notas
Véxase tamén Outros artigos Taxonomía Auctorum
Categoría:Taxonomía Categoría:Termos biolóxicos