Ramón Antonio Varela Vaamonde Montoto Gil, nado en Santiso (Lalín) a finais do século XVIII e finado en 1858, foi un escritor galego. Traxectoria

Fidalgo. Fillo de Agustín Varela Vaamonde España Figueroa Luna e María Juana Montoto Gil. Foi alcalde maior de Deza durante a guerra de Independencia e anos posteriores. En 1822 participou coa facción “Voluntarios Realistas de Deza”, defensores da fe, na segunda fase da contrarrevolución realista contra o Trienio liberal. Leandro Carré menciona o seu nome entre os autores da primeira metade do século XX. Cara a 1821 escribiu o relato en verso Farruco o pleiteante, que non chegou a publicar pero que acadou gran popularidade.

Obras Conversa entre os arrieiros Cosme da Gouxa, Marcos Rielo e Roque Arán. O litigante labrador. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lalín Categoría:Finados en 1858 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público