Cristina Fernández Davila, nada en Vigo en 1966, é unha técnica especialista en informática de xestión e política galega.

Traxectoria Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea (Ponteareas), tendo asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da FANPO (Federación de Asociacións de Nais e Pais de centros de ensino públicos das comarcas Condado-Paradanta e Louriña).

Dende 2012 é concelleira do BNG no concello de Ponteareas, asumindo no 2015 a segunda tenencia de alcaldía e as concellarías de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior. Dende as eleccións municipais de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo, converténdose en alcaldesa de Ponteareas en maio de 2021 ao ser elixida trala renuncia do seu predecesor, Xosé Represas Giráldez.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteareas

Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG