Donald Paul Taxay, nado o 24 de maio de 1933 en Chicago, Illinois, foi un numismático e historiador estadounidense coñecido polas súas publicacións de referencia na historia da moeda do seu país e pola súa desaparición cando estaba no cumio da súa carreira.

Traxectoria

Formacióne vida familar Don Taxay naceu en Chicago, onde se graduou no Conservatorio Americano de Música.Smith, P. (2012). Páxina 345.

En decembro de 1977 casou con Constance Ferris, da que se divorciou en 1982.

Carreira numismática Taxay comezou o seu interese pola numismática na década de 1950 e en 1958 xa era encargado do departamento de moedas dun establecemento comercial en Boston. En 1962 empezou a traballar na New Netherlands Coin Company, un comercio numismático especializado en moedas raras.Bowers, Q. D. (1999). "J. W. Scott, Stamp and Coin Dealer". En Rare Coin Review. Nº 130. Xullo-agosto. Páxinas 28-29. En 1963 foi contratado por Walter H. Breen xunto a Lynn Glaser na compañía de autenticación de moedas Institute of Numismatic Authenticators."The Institute of Numismatic Authenticators". En The E-Sylum. Vol. 19. Nº18. 1 de maio de 2016.Smith, P. (2012). Páxina 346.

No verán de 1969 entrou na dirección dunha compañía que se acababa de cerar en Nova York, Harmer, Rooke Numismatists, Ltd., e uns anos despois uniuse a Harry J. Forman e a Ruth Bauer, de Filadelfia, para constituíren Forman, Taxay and Associates, unha compañía especializada en poxas numismáticas e xestión de investimentos neste sector, aínda que a empresa non tivo éxito e Taxay se retirou da sociedade.

En abril 1964 foi nomeado conservador do Museo Numismático do Banco Chase Manhattan, logo do retiro de Vernon L. Brown.The Numismatist. 1964. Ocupou este posto ata a súa renuncia o 18 de maio de 1966, e foi sucedido por Gene Hessler."Chase Manhattan Money Museum History". En The E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. 1 de agosto de 2004. En 1975 foi nomeado subdirector da compañía First Investors, Inc.

Desaparición Entre 2005 e 2006, os membros da Numismatic Bibliomania Society emprenderon un proxecto de investigación para descubrir que lle sucedera a Don Taxay, xa que non se sabía nada del desde finais da década de 1970. Finalmente, determinaron que Taxay fora introducido nunha comunidade espiritual india por Walter H. Breen e que, como consecuencia, se convertera nun seguidor do movemento Osho e marchara á India."Whatever became of Don Taxay?". En The E-Sylum. Vol. 8. Nº 64. 25 de decembro de 2005."Don Taxay where are you?", En The E-Sylum. Vol. 9. Nº1. 1 de xaneiro de 2006.

O historiador Karl Moulton especula que Taxay puido liquidar todas as súas propiedades para logo doar os beneficios ao gurú Bhagwan Shree Rajneesh.

Publicacións Estas son as cinco monografías publicadas por Don Taxay antes da súa desaparidión na década de 1970:"Taxay, Don". WorldCat Identities.

(1963). Counterfeit, Mis-Struck and unofficial U.S. Coins. Arco Pub. Nova York. (1966). The U.S. Mint and Coinage. An illustrated history from 1776 to the present. Arco Pub. Nova York. (1967). An Illustrated History of U.S. Commemorative Coinage. (1970). Money of the American Indians in 1970. Nummus Press, Nova York. ISBN 9780878410019 (1971). Scott's Comprehensive Catalogue and Encyclopedia of United States Coins. Scott Pub. Co., Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smith, P. (2012). "Taxay, Don(ald Paul)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 345-346.

Ligazóns externas Correspondencia entre Don Taxay e Eric P. Newman

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de museos