Durante a tempada 2021/22 o Deportivo da Coruña competiu na nova Primeira División RFEF.
Resumo da tempada
Maio O 18 de maio o Deportivo anunciou a saída de Mujaid do club, traspasado por preto de dous millóns de euros ao KRC Genk belga. O 26 de maio anunciouse a Borja Jiménez como novo adestrador do equipo, en substitución de Rubén de la Barrera. Dous días despois o Deportivo prescindiu dos servizos do uruguaio Nacho González, acolléndose a unha das cláusulas contidas no seu contrato.
Xuño O 5 de xuño o club fixo pública a súa primeira fichaxe, o dianteiro Juan Carlos Menudo, que chegou libre dende o Numancia, e tres días despois a segunda, o centrocampista Diego Aguirre, tamén dende o club soriano. O 11 de xuño confirmouse a terceira fichaxe, o gardameta coruñés Ian Mackay, criado na canteira do Deportivo e que regresou deste xeito ao club 14 anos despois da súa marcha. Chegou procedente do Sabadell, da Segunda División, onde foi elixido mellor porteiro da categoría. Ao día seguinte o Deportivo fixo pública a fichaxe do dianteiro Alberto Quiles, procedente do Recreativo de Huelva.
O día 23 fíxose oficial a fichaxe do centrocampista andaluz Rafa de Vicente, procedente do UCAM Murcia. Ao día seguinte anunciouse a rescisión do contrato do gardameta Carlos Abad, que o vencellaba ao club ata xuño de 2022. O día 25 o club publicou a contratación do defensa Adrián Lapeña, chegado dende o CD Castellón.
Xullo O 1 de xullo o Deportivo anunciou o traspaso do gardameta colombiano Lucho García á Ponferradina. O mesmo día o Unionistas de Salamanca anunciou a chegada de Rayco, que deixou a Coruña despois dun ano, ao finalizar o seu contrato. Ao día seguinte anunciouse a incorporación ao club coruñés de Josep Calavera, centrocampista catalán cedido polo Atlético de Madrid. O día 5 fíxose pública a chegada en calidade de cedido do brasileiro William de Camargo, procedente do Leganés, así como a saída de Eneko Bóveda, que deixou o club despois de tres tempadas e media. Ao día seguinte Estrella Galicia renovou o seu contrato como patrocinador principal do club ata 2025. O día 6 anunciouse a chegada do defensa central manchego Pablo Trigueros, que viña de rematar o seu contrato co Mirandés. O día 8 fíxose público o acordo coa marca italiana Kappa, para proporcionar os equipamentos de todos os equipos do club ata 2026.
O día 9 anunciouse a chegada do colombiano Juergen Elitim, en calidade de cedido polo Watford FC, e ao día seguinte a saída de Adri Castro, cedido por unha tempada ao Arenteiro. O luns 12 anunciouse a renovación do venezolano Miku e a a marcha de Borja Galán, ao que lle quedaba un ano de contrato. Dous días despois o club chegou a un acordo con Claudio Beauvue para a rescisión do seu contrato.
Os días 19 e 20 anunciáronse as fichaxes de Jaime Sánchez e Alberto Benito, procedentes do Sabadell e o Albacete respectivamente. O día 21 o club fixo público que Salva Ruiz non continuaría no club. Uns días despois fichou polo Castellón.
Agosto O 13 de agosto anunciouse a chegada de Carlos Doncel, que a tempada pasada xogara na Ponferradina, cedido polo Valladolid. Chegou libre, despois de desvencellarse do Valladolid, e asinou contrato por dúas tempadas. O día 17 o FC Juárez, da Primeira División de México, anunciou a fichaxe de Diego Rolan, regresando así o dianteiro uruguaio ao club no que xa xogara cedido na tempada 2019/20. O xoves 19 o club anunciou a rescisión dos contratos de Keko Gontán e Fede Cartabia. O 27 de agosto anunciouse a chegada de Víctor García (que xa debutara co Deportivo na tempada 2018/19), cedido polo Real Valladolid. O día 31, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a chegada cedido dende o Atlético de Madrid de Mario Soriano, así como as saídas de Yago Gandoy, cedido ao Coruxo, e Uche Agbo, que chegou a un acordo co club para a rescisión do seu contrato. Tanto Uche como Celso Borges estaban incluídos nun Expediente de Regulación de Emprego, pola imposibilidade do club para pagar os seus salarios. Deste xeito, o nixeriano quedou fóra do ERE, no que permaneceu só Borges, xa sen ficha co equipo.
Xaneiro O 3 de xaneiro de 2022 anunciouse a cesión de Jorge Valín ao Cornellà, da Segunda División RFEF. Esa mesma semana o club fichou ao extremo andaluz Álvaro Rey, procedente do Bolívar da Primeira División de Bolivia, e rescindiu o contrato de Alberto Benito.
Abril O 22 de abril de 2022 o Deportivo anunciou a incorporación do xogador sevillano Antoñito para reforzar a posición de lateral dereito, tras rescindir o seu contrato co Fútbol Club Cartagena, como consecuencia das baixas producidas por lesión nesta posición. O 29 de abril de 2022 o club rescindiu o contrato de Juan Carlos Menudo, que se comprometera co equipo herculino ata 2023, por mor da complicada situación do futbolista, que non contaba para o adestrador.
Maio Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF o Deportivo accedeu á promoción de ascenso a Segunda División tras concluír a competición como segundo clasificado.
Xuño O equipo herculino derrotou ao Linares Deportivo na primeira eliminatoria da promoción de ascenso a Segunda División e clasificouse para a final. O Deportivo enfrontouse contra o Albacete Balompié na final e perdeu o encontro, o Albacete acadou o ascenso de categoría.
Material deportivo O equipamento do Deportivo é proporcionado por Kappa e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal Corpo técnico Cargo NomeAdestradorBorja Jiménez2º adestradorÁlex MartínezAd. de porteirosAlberto CasalPreparador físicoJosé Ángel FranganilloAnalistaJuan Ignacio Subirán
Consello de administración Cargo NomePresidenteAntonio CouceiroSecretarioMiguel JuaneConselleirosEduardo Blanco PereiraCarlos CantóEmma LustresDavid Villasuso Castaño Última actualización: 7 de xuño de 2021 Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes
Altas DataPosNomeProcedenciaPrezo5 de xuño de 2021DIA Juan Carlos Menudo NumanciaLibre8 de xuño de 2021MED Diego Aguirre NumanciaLibre11 de xuño de 2021POR Ian Mackay SabadellLibre12 de xuño de 2021DIA Alberto Quiles RecreativoLibre23 de xuño de 2021MED Rafa de Vicente UCAM MurciaLibre25 de xuño de 2021DEF Adrián Lapeña CastellónLibre2 de xullo de 2021MED Josep Calavera Atlético de MadridCesión5 de xullo de 2021MED William de Camargo LeganésCesión6 de xullo de 2021DEF Pablo Trigueros MirandésLibre9 de xullo de 2021MED Juergen Elitim Watford FCCesión19 de xullo de 2021DEF Jaime Sánchez SabadellLibre20 de xullo de 2021DEF Alberto Benito AlbaceteLibre13 de agosto de 2021MED Carlos Doncel Valladolid BLibre27 de agosto de 2021MED Víctor García ValladolidCesión31 de agosto de 2021MED Mario Soriano Atlético de MadridCesión5 de xaneiro de 2022MED Álvaro Rey BolívarLibre22 de abril de 2022DEF Antoñito FC Cartagena
Baixas DataPos.NomeDestinoPrezo10 de maio de 2021MED José Lara SevillaFin da cesión18 de maio de 2021DEF Mujaid KRC Genk2.000.000 €28 de maio de 2021MED Nacho González Apollon LarissaRescisión de contrato24 de xuño de 2021POR Carlos Abad Atlético BalearesRescisión de contrato1 de xullo de 2021DEF Derik Osede AlcoyanoFin de contrato1 de xullo de 2021DIA Raí BahiaFin de contrato1 de xullo de 2021POR Lucho García Ponferradina1 de xullo de 2021DIA Rayco UnionistasFin de contrato5 de xullo de 2021DEF Eneko Bóveda Olympiakos NicosiaRescisión de contrato10 de xullo de 2021DIA Adri Castro ArenteiroCedido12 de xullo de 2021MED Borja Galán UD LogroñésRescisión de contrato14 de xullo de 2021DIA Claudio Beauvue US BoulogneRescisión de contrato21 de xullo de 2021DEF Salva Ruiz CastellónRescisión de contrato17 de agosto de 2021DIA Diego Rolan FC JuárezRescisión de contrato19 de agosto de 2021MED Keko Gontán Sacramento RepublicRescisión de contrato19 de agosto de 2021MED Fede Cartabia Shabab Al-AhliRescisión de contrato31 de agosto de 2021MED Yago Gandoy CoruxoCedido31 de agosto de 2021MED Uche Agbo Slovan BratislavaRescisión de contrato21 de setembro de 2021MED Celso Borges AlajuelenseRescisión de contrato3 de xaneiro de 2022DEF Jorge Valín CornellàCedido6 de xaneiro de 2022DEF Alberto Benito Cultural LeonesaRescisión de contrato29 de abril de 2022DIA Juan Carlos Menudo UD LogroñésRescisión de contrato
Xogadores NºPosNacNomeLigaPromociónCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1PORIan Mackay340201037012DEFAntoñito4120006123DEFLapeña354201038484MEDÁlex Bergantiños330211036136MEDJuergen Elitim341200036177DIAMiku33122010361298MEDSoriano293222033529DIAQuiles3318222237226111MEDWilliam3032021344612DEFBorja Granero1722020212213PORPablo Brea2000103014MEDCalavera1301020150115MEDVíctor García1400010150116DEFPablo Trigueros800020100117MEDRafa de Vicente2201020250218MEDDiego Aguirre1702020200619DEFJaime Sánchez2712000291520MEDCarlos Doncel2010011212121MEDÁlvaro Rey111200013122MEDDiego Villares3412010371323DEFHéctor Hernández31020003306Xogadores do xuvenil e do filialNºPosNacNomeLigaPromociónCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px26MEDYeremay8000119127DIANoel2842020324128DEFTrilli100002012032MEDBrais Val10000010
Deixaron o equipo NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px2MEDJorge Valín00000010DIAMenudo11110121221DEFAlberto Benito201030 Clasificación
Grupo 1 - Noroeste
PosEquiposPXPGPEPPGFGCDifPtsNotas 1Racing de Santander3825766131 +3082Ascenso a Segunda División e Copa do Rei2Deportivo da Coruña3822885929 +3074Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei3Racing de Ferrol3821985026 +2472 4Rayo Majadahonda38195145047 +362 5UD Logroñés38188124137 +4626Celta de Vigo B381710116046 +14617Unionistas de Salamanca38161395537 +18618Real Unión de Irún38186145145 +6609Badajoz381414104030 +1056 10San Sebastián de los Reyes38158154041 −15311Calahorra381410144843 +55212Cultural Leonesa381213136155 +64913SD Logroñés381212144343 048 14DUX Internacional381113144651 −54615Bilbao Athletic381112153646−1045 16Talavera de la Reina38119183954−1542Descenso a Segunda División RFEF 17Zamora38910193048−1837 18Valladolid Promesas3899204264−2236 19Tudelano3877243354−2128 20Extremadura3855282270−480Excluído
Evolución +Xornada1234567891011121314151617181920212223242526272829303132333435363738Posición1º1º1º1º2º2º4º2º3º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º2º
Partidos
Pretempada e amigables
Trofeo Teresa Herrera
Primeira División RFEF
Promoción de ascenso
Copa do Rei
Notas
2021 Categoría:Fútbol en 2021 Categoría:Fútbol en 2022