Jean-Louis Forain , nado en Reims o 23 de outubro de 1852 e finado o 11 de xullo de 1931, foi un pintor, debuxante, caricaturista e ilustrador francés, vinculado a Toulouse-Lautrec, a quen en realidade precedeu como observador da vida moderna. É considerado o membro máis novo do grupo impresionista.
Traxectoria Naceu no seo dunha modesta familia de artesáns. Trasladado a París ao once anos de idade, contou coa protección do escultor Jean-Baptiste Carpeaux e estudou por un tempo na École deas Beaux-Arts, no estudo de Jean-Léon Gérôme e co caricaturista André Gill, aínda que a súa formación foi autodidacta en gran medida. Destacou como ilustrador de publicacións como Le Monde parisien e Le Rire. Tamén buscou o humor nos seus debuxos máis satíricos de xuíces e avogados, nos que tivo un ilustre predecesor, Honoré Daumier. Segundo Siro, Forain foi un dos autores que máis influíron en Castelao, xunto con Olaf Gulbransson, o primeiro polos seus textos nos pés de páxina e o segundo pola liña. Baixo influencia de Manet e Degas, Forain abordou temas recorrentes neles: o teatro, os cafés, a ópera, as casas de alterne e as carreiras de cabalos. Entre 1879 e 1886 participou en catro exposicións impresionistas, invitado por Degas e nunha colectiva da galería Durand-Ruel en Nova York.
A súa primeira mostra individual foi en 1890, na galería Boussod et Valadon dirixida por Theo van Gogh, irmán de Vincent.
Destacou como autor popular a partir de 1890, coas súas caricaturas satíricas. Admirador de Goya, visitou Madrid en 1894 e 1900, a segunda vez para visitar unha exposición súa.
En 1913 expuxo 390 piezas no Museo de Artes Decorativas de París, e en 1917 participou na Exposición de Arte Francesa celebrada en Barcelona con 75 obras. En 1921, por compromiso ofrece ao museo de Reims, a súa cidade natal, un importante lote de debuxos. Morreu o 11 de xullo de 1931
Obras Scène de café (1878). Museo de Brooklyn Bailarina en rosa. Colección Thyssen-Bornemisza. Vestíbulo en la Ópera. Museo de Belas Artes de Boston. Le Veuf (1884). Museo de Orsay. Anna de Noailles (1905).
Exposicións De xuño a setembro de 1952, na Bibliothèque nationale polo centenario do seu nacemento. De maio a xuño de 1978, no museo Marmottan de París. De xaneiro a xullo de 1986, no Museo des deux guerres mondiales. 2003, no museo Brayer de Baux de Provence. Do 8 de abril ao 28 de setembro de 2003 no museo Angladon de Aviñón. Do 10 de marzo ao 5 de xuño de 2011 no Petit Palais de París.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Jean-Louis Forain en Artehistoria Caricatura de Forain
Categoría:Nados en Reims Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Pintores impresionistas
Categoría:Pintores de Francia