Roberto Castro García, nado na Vilavella (A Mezquita) o 22 de outubro de 1955, é un político galego.

Traxectoria Formación Estudou Ciencias da educación na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en 1976. A partir de 1977 traballou como mestre e ocupou cargos de distinta responsabilidade en centros educativos das provincias de Ourense e Pontevedra ata 1989. En 1994 doutorouse en pedagoxía por esa mesma universidade.

Política En política, comezou militando en Alianza Popular, e en 1986 foi elixido secretario xeral da provincia de Ourense por esa formación. Seguiu nos cadros dirixentes da organización coa súa transformación en Partido Popular, onde ocupou postos de responsabilidade interna ao longo da década dos oitenta e dos noventa, tanto no ámbito provincial como no PPdeG. En 1989, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, foi elixido deputado pola circunscrición de Ourense, cargo que revalidou nas eleccións de 1993, 1997, 2001 e 2005. En 2009 foi nomeado director xeral de Relacións institucionais e parlamentarias no goberno de Alberto Núñez Feijóo, cargo que ocupou ata o ano 2012 en que asumiu o cargo de subdelegado do Goberno en Ourense.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

«Hai malos políticos como malos carpinteros, pero son excepcións». Entrevista en La Voz de Galicia, Ourense, 8-6-2014, p. L16.

«Me gustaría que hubiera un gallego otra vez al frente del Partido Popular». Entrevista en La Voz de Galicia, Ourense, 10-6-2018.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia