Matilde Pérez Palacio Carranza, nada en Lima o 8 de setembro de 1913 e finada o 16 de agosto de 1992, foi unha política acciopopulista, sufraxista, deputada peruana, historiadora, docente universitaria, xeógrafa e avogada. Estudou na Pontificia Universidade Católica do Perú (PCUP) da cal posteriormente foi catedrática. Pertence á primeira xeración de mulleres parlamentarias peruanas, sendo elixida no ano 1956. Na súa traxectoría como política defendeu activamente os dereitos dos nenos, dos anciáns e das mulleres. Así mesmo, conseguiu grandes logros no ámbito do xornalismo, como o recoñecemento oficial da carreira xornalística.
Traxectoria Filla de Enrique Pérez Palacio e Matilde Carranza Valez. Estudou no Colexio Sacros Corazóns de Belén, onde coñeceu ao que consideraría o seu mentor no terreo espiritual e máis no académico, o sacerdote Jorge Dintilhac, que lle impartiría clase durante os 2 últimos anos de colexio e máis adiante na universidade. No ano 1933 obtivo o diploma de contadora mercantil. Graduouse de Bacharel en Filosofía, Historia e Letras no 1934 e doutorouse en Historia e Xeografía no 1936 na Pontificia Universidade Católica do Perú (PCUP). Así mesmo, obtivo o bacharel en Xurisprudencia no 1939, coa tese A delincuencia infantil e a asistencia xurídica debida ao menor. Tamén logrou o título de avogada no 1941 e o grao de doutora en Pedagoxía no 1942.
thumb|esquerda|Fachada do Colexio Sacros Corazóns de Belén en Lima onde estudou Matilde A súa vida laboral estivo principalmente orientada cara a docencia, a que lle outorgaba vital importancia, a súa maior preocupación foi aumentar o nivel cultural das mulleres. Foi profesora de Historia e Xeografía do Colexio de Belén no 1936 e do Colexio Nacional de Mulleres Rosa de Santa María. Ademais, alcanzou a posto de secretaria do Comité Organizador da Acción Católica da Mocidade Feminina e de directora do Instituto Feminino de Estudos Superiores entre o 1941 e o 1970. Así mesmo foi directora e fundadora da Escola de Xornalismo da Universidade Católica do Perú entre 1945 e 1972. Na mencionada universidade rexentou as cátedras de Historia do Perú, Dereito e Socioloxía.
No ano 1941, participou na III Asemblea Panamericana de Xeografía e Historia, onde defendeu unha síntese da obra realizada polo seu avó, o doutor Luís Carranza, quen foi Deputado (1868-1874) e Senador por Ayacucho (1886-1895), Un xeógrafo peruano e proxección da súa obra.
Do mesmo xeito acadou outros postos de gran relevancia como a vicepresidencia da Federación Internacional de Avogados, a presidencia do INABIF (Programa Integral Nacional para o Benestar Familiar), a presidencia da Unión Latinoamericana de Prensa Católica entre os anos 1959 e 1962 e integrou a representación da UNESCO no Perú. Tamén foi membro do Consello Directivo do Colexio de Periodistas do Perú.
Deputada Foi elixida deputada por Lima pola Fronte Nacional de Mocidades Democráticas (FNMD) nas primeiras eleccións peruanas que permitiron a participación feminina (1956), obtendo un total de 90 592 votos. Co partido político Acción Popular, sucesor do FNMD, foi reelixida deputada en 1963. Así mesmo, logrou ser elixida senadora nas eleccións xerais de 1962 que foron anuladas polo goberno militar polo que nunca chegou a tomar posesión do devandito cargo. Impulsou proxectos para protección de nais solteiras e nenos desamparados, promovendo reformas lexislativas consecuentemente, como por exemplo o Código de Menores (Lei N° 15215). Tamén apoiou a Lei de Recoñecemento Legal da Carreira Xornalística (Lei N° 15630) do ano 1965, xestionou a primeira Lei de Dereitos de Autor (1961) e realizou o primeiro censo de anciáns desamparados no 1981 . Legado Debido a gran labor que levou acabo polos nenos e nenas máis desfavorecidos e a súa etapa como directora do INABIF, esta institución, dependente do Ministerio da Muller e de Poboacións Vulnerables (MIMP), decidiu, no 2009, poñerlle o seu nome a un Centro de Atención Residencial (CAR) que acababan de construír. Este localízase no distrito de San Miguel en Lima e no 2019 prestaba servizos a un total de 88 rapaces con discapacidade moderada ou severa en situación de abandono e/ou risco social.
Así mesmo, o Colexio de Xornalistas do Perú, do que Matilde foi membro do Consello Directivo, en setembro do ano 2020 nomeou a un ciclo de conferencias "Matilde Pérez Palacio Carranza" na súa honra, polos loita e os logros que acadou defendendo o xornalismo. Distincións e condecoracións PER Order of the Sun of Peru - Grand Officer BAR|60px Grande Oficial da Orde do Sol do Perú (19 de xullo de 1985) Orden de las Palmas Magistrales (Peru) - ribbon bar|60px Orde das Palmas Maxisteriais
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sufraxio feminino Sufraxio feminino no Perú Ligazóns externas Documental sobre as Primeiras Mulleres Parlamentarias do Perú (1956-1962) TV Perú - Sucedeu no Perú: Sufraxio feminino 1ª parte, 2ª parte, 3ª parte e 4ª parte, en YouTube.
Categoría:sufraxistas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Activistas do Perú Categoría:Feministas do Perú Categoría:Políticos do Perú