Donna Ivy Faske, nada en Nova York o 2 de outubro de 1948 é unha deseñadora de moda estadounidense coñecida como Donna Karan. É a creadora das marcas Donna Karan New York e DKNY.
Traxectoria Primeiros anos Karan naceu como Donna Ivy Faske, filla de Helen "Queenie" Faske (de solteira Rabinowitz) e Gabriel "Gabby" Faske (nado Faskowitz) na veciñanza de Forest Hills en Queens, Nova York. A súa familia é xudía. A nai de Karan fora modelo e traballara para o deseñador Chester Weinberg. O seu pai, que era xastre e tiña unha mercería, faleceu cando Donna tiña tres anos.
Karan e a súa irmá máis vella Gail criáronse coa súa nai en Woodmere, na rexión de Five Towns do condado de Nassau. Donna practicou o softball, o voleibol e o baloncesto no instituto e pasou moito do seu tempo no departamento de artes."Donna, Karan." Current Biography Yearbook 1990. The H.W. Wilson Company. 1990. p. 352. Graduouse do Hewlett High School en 1966, e pasou entón á Parsons School of Design.
Carreira miniatura|esquerda|Sasha Pivovarova en DKNY por Donna Karan Karan comezou a súa carreira como deseñadora axudante de Anne Klein a finais da década de 1960 e foi ascendida a deseñadora asociada en 1971. Karan participou en The Battle of Versailles Fashion Show o 28 de novembro de 1973. Cando Klein faleceu en 1974, a Takihyo Corporation do Xapón converteuse na nova propietaria e Karan, xunto co seu antigo compañeiro de clase e amigo Louis Dell'Olio, converteuse en deseñadora xefa da casa. En 1984, Karan deixou Anne Klein e xunto co seu marido Stephan Weiss e Takihyo Corporation, comezou o seu propio negocio "para deseñar roupa moderna para xente moderna". Mostrou a súa primeira colección de roupa para mulleres en 1985.
Karan fíxose célebre pola súa liña "Essentials", ofrecendo inicialmente sete pezas sinxelas centradas nos leotardos que podían ser mesturadas e combinadas, e creou un vestiario completamente integrado coa súa primeira colección en 1985. Karan sempre insistiu en que ela só deseñaría roupa como vestidos xersei e medias opacas de licra que ela tamén levaría.
En 1988, Karan, alcumada "a raíña da Sétima Avenida", estendeu a súa liña para mulleres "Donna Karan New York" para crear unha liña máis barata para mulleres novas chamada DKNY. Dous anos despois creou DKNY Jeans, colección de inspiración vaqueira. En 1992 lanzou DKNY para homes, un ano despois de que a súa liña masculina principal fose presentada. En 1992, Karan estreou o seu vestido "ombreiro frío", un xersei de manga longa con cortes nos ombreiros para mostrar a pel.
Karan deixou o seu posto de CEO en 1997, mais continuou como directora e deseñadora para a liña Donna Karan. Dende 2002, as súas contribucións de deseño diminuíron.
En 2015, Donna Karan anunciou que deixaría o cargo de directora da súa compañía epónima para centrarse na súa marca de estilo de vida Urban Zen, establecida en 2007.
Vida persoal En 1976 Donna Faske casou con Mark Karan, con que tivo unha filla, Gabby Karan De Felice. Divorciáronse en 1978. En 1983, casou co artista Stephan Weiss, que se converteu posteriormente co-CEO da compañía de Donna Karan. Tiveron un fillo, Corey Weiss. Weiss falceu de cancro de pulmón en 2001.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial Designer Donna Karan promotes craftwork of Haiti
Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía