Soiuz TMA-15M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 23 de novembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-15M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Samantha Cristoforetti, Anton Shkaplerov e Terry Virts a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A Soiuz acoplouse ao módulo de investigación Rassvet e regresou o 11 de xuño de 2015 ás 13:43 GMT, un mes máis tarde do previsto debido ao atraso da seguinte misión.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-15M estaba formada por Kimiya Yui, Oleg Kononenko e Kjell Lindgren.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz