Soiuz TMA-20M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de marzo de 2016 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-20M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksei Ovchinin, Oleg Skripochka e Jeffrey Williams a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Poisk e regresou o 7 de setembro de 2016 ás 1:13 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-20M estaba formada por Sergei Rizhikov, Andrei Borisenko e Robert Kimbrough.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz