Soiuz TMA-21 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 4 de abril de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-21 foi lanzada cos cosmonautas Andrei Borisenko, Ronald Garan e Aleksandr Samokutiaiev a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-134 e STS-135 e dos cargueiros Progress M-10M, Progress M-11M e Progress M-12M. A nave regresou o 16 de setembro de 2011.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Daniel Burbank, Anatoli Ivanishin e Anton Shkaplerov.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz