Soiuz TMA-7 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 1 de outubro de 2005 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-7 foi lanzada cos cosmonautas William S. McArthur, Gregory Olsen e Valeri Tokarev a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-8 e do cargueiro Progress M-55. Regresou o 8 de abril de 2006 con McArthur, Tokarev e Marcos Pontes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz