Hostís (en ) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Scott Cooper, baseado nunha historia de Donald E. Stewart. Está protagonizado por Christian Bale, Rosamund Pike, Wes Studi, Ben Foster, Stephen Lang, Jesse Plemons, Rory Cochrane, Adam Beach, Q'orianka Kilcher e Jonathan Majors. Conta a historia dun oficial estadounidense que debe escoltar un xefe guerreiro cheyenne e a súa familia ó seu fogar en Montana en 1892.

O filme estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2017, e tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos a través de Entertainment Studios o 22 de decembro de 2017. Recibiu valoracións postivas por parte da crítica e recadou 35 millóns de dólares en todo o mundo.

Estreouse en galego o 24 de febreiro de 2021 na TVG. Foi traducido por Rosa Moledo e o director de dobraxe foi Óscar Fernández.

Personaxes

Christian Bale como Cpt. Joseph J. Blocker Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández. Rosamund Pike as Rosalee Quaid Voz da dobraxe galega de Beatriz García. Wes Studi como Xefe Yellow Hawk Jesse Plemons como Tenente Rudy Kidder Voz da dobraxe galega de Antón López. Adam Beach como Black Hawk Rory Cochrane como Sarxento Thomas Metz Voz da dobraxe galega de Miguel Pernas. Peter Mullan como Tenente Coronel Ross McCowan Scott Wilson como Cyrus Lounde Paul Anderson como Comandante Tommy Thomas Timothée Chalamet como Soldado Philippe Dejardin Ben Foster como Sarxento Philip Wills Voz da dobraxe galega de César Cambeiro. Jonathan Majors como Capitán Henry Woodson John Benjamin Hickey como Capitán Royce Tolan Q'orianka Kilcher como Elk Woman Tanaya Beatty como Living Woman Stephen Lang como Coronel Abraham Biggs Voz da dobraxe galega de Tacho González. Bill Camp como Jeremiah Wilks Scott Shepherd como Wesley Quaid Ryan Bingham como Sarxento Malloy Robyn Malcolm como Minnie McCowan Xavier Horsechief como Little Bear

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua cheyenne Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Scott Cooper Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en 1892 Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego