Susana Rodríguez Gacio, nada en Vigo o 4 de marzo de 1988, é unha médica e atleta galega, especializada en tríatlon. Foi sete veces campioa mundial de paratríatlon, sete veces campioa de Europa e gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos (en Tokyo 2020 e París 2024). Foi ademais catro veces campioa do mundo de dúatlon.

Traxectoria Na medicina Rodríguez naceu con albinismo e unha grave deficiencia visual do 90 %. Compaxinou desde a infancia a súa dedicación ao deporte coa paixón pola medicina. Estudou fisioterapia en Pontevedra, no Campus de Pontevedra e despois medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a súa licenciatura en 2015, ano no que comezou a preparar o MIR (Médico Interno Residente). Iniciou a súa residencia no ano 2016 como médico residente no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, onde traballa como médica interna residente de Medicina física e rehabilitación. Ao regresar dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro en 2016 iniciou o seu traballo de primeiro ano de residente en consultas a pacientes. Traballou en consultas externas ata abril do 2020, cando con motivo da pandemia da COVID-19 foi asignada a un programa de asistencia a pacientes por teléfono.

Como deportista Desde 1998 practicou atletismo cunha profesora da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) no Centro de Tecnificación de Pontevedra. Participou en competicións de atletismo ata 2008, cando ao non conseguir praza no mundial paralímpico, decidiu cambiar a actividade deportiva polo tríatlon. En outubro de 2012, en Auckland, proclamouse por primeira vez campioa do mundo de paratríatlon, na categoría TRI 6, con Mayalen Noriega como guía, título ao que sumou un bronce mundial en ácuatlon. Ao ano seguinte foi bronce no Europeo de paratríatlon e subcampioa mundial en Londres, tanto de paratríatlon como de ácuatlon.

En 2014 proclamouse campioa de Europa de paratríatlon PT5 en Kitzbühel, mentres que no mundial celebrado en Edmonton, foi prata en ácuatlon e bronce en tríatlon. En 2015 foi bronce mundial de tríatlon en Chicago, e en marzo do ano seguinte conseguiu praza para os Xogos Paralímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Pouco antes dos Xogos foi bronce no Europeo de tríatlon e proclamouse por cuarta vez campioa do mundo de dúatlon en Avilés. Xa na cita olímpica, competiu en tríatlon con Mabel Gallardo como guía, acabando na quinta posición.

Despois de ser prata no Mundial de paratríatlon en 2017 en Rotterdam, logrou o seu segundo título en 2018 na cidade australiana de Gold Coast, e revalidouno ao ano seguinte en Lausana. En canto ao campionato europeo, despois de dous subcampionatos consecutivos en 2017 e 2018, coroouse por segunda vez en 2019 en Valencia.

En 2021 a triatleta paralímpica galega apareceu no último número da célebre revista Time. Ese mesmo ano participou nos seus segundos Xogos Paralímpicos, en Tokyo, adiados un ano por mor da pandemia de COVID-19. Fixo historia ao ser a primeira española en participar en dúas competicións diferentes: tríatlon e atletismo (1500 metros). Na proba de tríatlon participou con Sara Loehr como guía e arrasou baixo a calor e a humidade da capital xaponesa, gañando o ouro con máis de catro minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada, a italiana Anna Barbaro. Non puido repetir o éxito nos 1500 metros, con Celso Comesaña de guía, acabando na quinta posición, pero conseguiu un diploma paralímpico e o récord de España da súa categoría.

En novembro de 2021 logrou o seu cuarto título mundial de paratríatlon en Abu Zabi, superando de novo a Anna Barbaro por máis de 3 minutos. En maio de 2022 gañou o seu terceiro título europeo, ao lograr a vitoria na cidade polaca de Olsztyn, dominando a proba de principio a fin e sacándolle máis de dous minutos á segunda clasificada, a británica Alison Peasgood. Seis meses despois conquistou o seu quinto campionato do mundo, de novo en Abu Zabi, onde gañou a proba por diante da italiana Francesca Tarantello. En xuño de 2023 agrandou o seu palmarés cun novo título europeo, o cuarto, levando o ouro por diante da francesa Annouck Curzillat e de Tarantello.

No verán de 2024 disputou en París os seus terceiros Xogos Paralímpicos e gañou a súa segunda medalla de ouro, facendo parella coa guía Sara Pérez. Dominou a proba dende o principio e cruzou a meta con 2'24'' de vantaxe sobre a italiana Tarantello e 4'02'' sobre a alemá Anna Renner. En setembro revalidou o título europeo en Vichy e menos dun mes despois coroouse en Torremolinos co seu sexto campionato do mundo, superando en case dous minutos a Tarantello.

En abril de 2025 someteuse a unha intervención cirúrxica de corazón e menos de dous meses despois gañou o seu sexto ouro europeo en Besançon, ao que sumou un novo Campionato Mundial en outubro na cidade australiana de Wollongong. En xuño de 2026, só despois de someterse a unha cirurxía nun xeonllo e case sen preparación previa, revalidou o título de campioa europea en Tarragona.

Palmarés internacional

Tríatlon miniatura|300px|A cidade de Vigo ós seus atletas. +Xogos ParalímpicosAnoLugarCompeticiónMedalla2021 TokyoPTVI Ouro2024 ParísPTVI OuroCampionato MundialAnoLugarCompeticiónMedalla2012 AucklandTRI-6 Ouro2013 LondresTRI-6b Prata2014 EdmontonPT5 Bronce2015 ChicagoPT5 Bronce2017 RotterdamPTVI Prata2018 Gold CoastPTVI Ouro2019 LausanaPTVI Ouro2021 Abu ZabiPTVI Ouro2022 Abu ZabiPTVI Ouro2024 TorremolinosPTVI Ouro2025 WollongongPTVI OuroCampionato Europeo2013 AlanyaTRI-6b Bronce2014 KitzbühelPT5 Ouro2016 LisboaPT5 Bronce2017 KitzbühelPTVI Prata2018 TartuPTVI Prata2019 ValenciaPTVI Ouro2022 OlsztynPTVI Ouro2023 MadridPTVI Ouro2024 VichyPTVI Ouro2025 BesançonPTVI Ouro2026 TarragonaPTVI Ouro

Dúatlon +Campionato MundialAnoLugarCompeticiónMedalla2011 XixónTRI-6 Ouro2012 NancyTRI-6 Ouro2014 PontevedraPT5 Ouro2016 AvilésPT5 Ouro

Ácuatlon +Campionato MundialAnoLugarCompeticiónMedalla2012 AucklandTRI-6 Bronce2013 LondresTRI-6b Prata2014 EdmontonPT5 Prata Recoñecementos

En 2023 recibiu a Medalla Castelao. En abril de 2024 foi galardoada co Premio Nacional do Deporte á Mellor Deportista Feminina, sendo esta a primeira vez que o recoñecemento se entregaba a unha persoa con discapacidade. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Susana Rodríguez, a galega na portada de Time: médica, divulgadora e paralímpica en Gciencia

Web susanarg Susana Rodríguez Gacio Comité paralímpico español Susana Rodríguez

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1988 Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por España Categoría:Triatletas de Galicia Categoría:Medallas Castelao