Ángel Fernández González, máis coñecido como Angelito Vernet, nado en San Pedro da Ramallosa, Nigrán, o 6 de abril de 1910 e finado o 2 de novembro de 1981 en Sabarís, Baiona, foi un canteiro e escultor galego.

Traxectoria miniatura|Escultura conmemorativa da chegada da carabela Pinta. Foi un dos catro fillos de Manuel Fernández Carneiro, canteiro portugués, e de Esperanza González Alonso.

Coñecérono máis polo primeiro apelido da súa muller, a baionesa Carmen Vernet Fernández, que polo seu propio.

Canteiro dende novo, tamén andou embarcado, tocaba o clarinete e foi directivo do Erizana Club de Fútbol.

Atropelouno un autobús na recta de Sabarís, cando ía acompañado dun dos seus netos, o neno Ángel Alfonso Giráldez Fernández, de dous anos de idade, falecendo ámbolos dous. Ao coñecer o sucedido, Carmen, a súa muller, sufriu un infarto e finou tamén.La Voz de Galicia. 3/11/1981, 4/11/2021 e 5/11/1981.

Recoñecementos

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Finados en 1981 Categoría:Finados en accidente de tráfico

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Escultores de Galicia