Novica Veličković, nado o 5 de outubro de 1986 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio, que foi ademais internacional coa selección serbia.

Traxectoria Veličković debutou coma profesional co KK Partizan durante a tempada 2004-05. Debutou co equipo serbio na Euroliga o 3 de novembro de 2005, anotando dous puntos contra o Élan Béarnais francés.

O 23 de xuño de 2009, Veličković asinou co Real Madrid da Liga ACB un contrato por dúas tempadas con opción a unha máis. En xuño de 2012, o Real Madrid decidiu rescindir o contrato de Veličković debido ás súas numerosas lesións.

O 31 de xaneiro de 2013, Veličković asinou ata final de tempada co KK Mega Basket serbio.

O 5 de agosto de 2013, Veličković asinou un contrato por unha tempada co Brose Baskets da Basketball Bundesliga. O 20 de febreiro de 2014, o equipo alemán rescindiu o contrato do xogador. Catro días máis tarde, volveu ó KK Mega Basket ata final de tempada.

O 21 de xuño de 2014, asinou un contrato dun ano co Trabzonspor BK turco.

O 1 de marzo de 2016, Veličković deixou o Trabzonspor e asinou de novo co KK Partizan ata final de tempada. O 8 de xullo de 2021, tras a tempada na que se converteu no xogador que máis partidos disputou coa camiseta do Partizan, Veličković anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.Novica Velickovic anuncia su retirada con 34 años

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Partizan‎ Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do KK Mega Basket Categoría:Xogadores do Brose Baskets‎ Categoría:Xogadores do Trabzonspor BK‎