Eduardo Rosón Pérez, nado en Becerreá cara a 1921, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Sobriño de Eduardo Rosón López e irmán de Antonio Rosón Pérez. Ingresou no Frente de Juventudes en 1936. Licenciado en Farmacia pola Universidade Central en 1943.El Progreso, 11-6-1943, p. 3. Farmacéutico en Becerreá, foi nomeado inspector farmacéutico municipal das Nogais en 1949.El Progreso, 23-10-1949, p. 3. Foi nomeado alcalde de Becerreá a finais de febreiro de 1964.El Progreso, 28-2-1964, p. 7. Foi elixido deputado provincial en 1967.La Noche, 7-3-1967, p. 4. Logo da morte de Franco foi concelleiro de Becerreá en 1983.
Vida persoal Casou en Samos con Inés Bermúdez Velón en 1963.El Progreso, 30-1-1963, p. 7.
Notas
Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1921