A Supercopa de Rugby Europe (en inglés e oficialmente Rugby Europe Super Cup ou RE Super Cup) é o torneo de rugby creado por Rugby Europe para clubs e franquías de países emerxentes. A primeira edición deste torneo comezará en setembro de 2021 e rematará en maio de 2022 e contará con oito equipos participantes.

Mentres que as dúas máximas competicións continentais a nivel de clubs (Champions Cup e Challenge Cup) están organizadas polas tres ligas profesionais europeas (Premiership, Top 14 e Pro14) e nelas participan os equipos das Seis Nacións (Inglaterra, Francia, Italia, Gales, Escocia e Irlanda), a Supercopa será organizada polo ente reitor do rugby europeo e está destinada a equipos de países que compiten no segundo nivel.

Formato O 7 de xullo de 2021 o ente reitor do rugby continental anunciou a creación dunha nova competición para clubs ou franquías de países europeos alleos ó Torneo das Seis Nacións. No anuncio achegou información sobre as datas da primeira edición, o seu formato e os seus participantes. Equipos Os oito participantes quedarán divididos por criterios xeográficos en dous grupos de catro equipos: Conferencia Oeste CyL Iberians Iberians: el VRAC regresa a Europa junto a Chami y Burgos Lusitanos XV Devils Delta Conferencia Leste Blacks Lion Tel-Aviv Heat Enisey-STM / * Wolves Lokomotiv Penza / * Batumi RC

Datas A primeira fase da competición será unha liguiña de seis xornadas na que cada equipo xogará dúas veces fronte a cada rival do seu mesmo grupo. Xornada 1: 18/19 de setembro de 2021 Xornada 2: 25/26 de setembro de 2021 Xornada 3: 23/24 de outubro de 2021 Xornada 4: 30/31 de outubro de 2021 Xornada 5: 4/5 de decembro de 2021 Xornada 6: 11/12 de decembro de 2021 Na segunda fase da competición os dous primeiros clasificados disputarán as semifinais, que se levarán a cabo en abril de 2022 e nas que os gañadores dos grupos xogarán como locais. Os gañadores das semifinais disputarán a final en maio de 2022.Rugby Europe Launches The Super Cup

Notas

Véxase tamén Outros artigos European Rugby Champions Cup European Challenge Cup European Shield

Categoría:Competicións de clubs de rugby