Os Rankings FIBA de seleccións son unhas clasificacións de seleccións nacionais feitas pola FIBA. Hai dous tipos de clasificacións, a masculina, a feminina e o combinado.

Cálculo Para o cálculo das clasificacións tan só se teñen en conta torneos FIBA con partidos de cinco contra cinco. Non se teñen en conta amigables, torneos rexionais, ou torneos de baloncesto tres contra tres.

O 11 de outubro de 2017, a FIBA mudou radicalmente o sistema de clasificación para as seleccións masculinas, trocando un sistema baseado previamente nas competicións, a un sistema baseado nos partidos. Nos cálculos inclúense todos os partidos xogados por unha selección nos últimos oito anos, incluíndo o Campionato do Mundo, Olimpíadas, campionatos continentais, e roldas de clasificación para estes eventos.

Puntos por encontro Cada partido dun torneo incluído no cálculo da clasificación está valorado en 1000 puntos base, que se dividen entre os dous equipos da seguinte maneira:

Marxe de vitoria Puntos para o gañador Puntos para o perdedor Menos de 10 puntos 600 400 10–19 puntos 700 300 Máis de 20 puntos 800 200 Abandono 1000 0

Ponderación dos eventos Ata o ano 2016, a ponderación das competicións internacionais foi a seguinte:

Campionatosno ciclo Campionato Ponderación 2 Campionato do Mundo de Baloncesto 5 2 Xogos Olímpicos 5 4 AfroBasket 0.2 4 FIBA AmeriCup 0.8 4 FIBA Asia Cup 0.3 4 EuroBasket 1 4 Campionato FIBA Oceanía 0.1

Dende 2017, a ponderación é a seguinte:

Campionato Ponderación Campionato do Mundo de Baloncesto 2.5 Xogos Olímpicos 2.0 AfroBasket 0.3 FIBA AmeriCup 0.8 FIBA Asia Cup 0.4 EuroBasket 1.0

Clasificación das seleccións femininas Para o cálculo da clasificación das seleccións femininas, a FIBA segue utilizando o sistema baseado en competicións, usado ata 2016 para a clasificación masculina. A FIBA anunciou que nun futuro indeterminado a clasificación feminina calcularase dunha forma similar á clasificación masculina.

Clasificación de seleccións masculinas Top 20 FIBA a 26 de febreiro de 2019 Pos. Cambio Equipo Puntos1 793.72 703.43 650.24 645.45 626.56 623.07 621.98 602.29 582.910 1 525.311 1 515.012 510.413 492.914 489.915 464.916 458.717 444.118 434.819 425.220 410.1Clasificación completa en FIBA.basketball

Clasificación de seleccións femininas Top 20 FIBA a 1 de outubro de 2018 Pos. Cambio Equipo Puntos1 1000.0 2 690.0 3 1 597.04 1 550.05 381.06 1 353.07 3 287.08 278.0 9 218.010 3 184.011 154.012 6 152.013 1 138.014 127.8 15 119.216 12 105.017 102.018 2 92.519 15 76.620 2 75.6Clasificación completa en FIBA.basketball

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Exemplos de cálculo de clasificacións en FIBA.basketball .

Categoría:Baloncesto