Henry John Ellenson, nado o 13 de xaneiro de 1997 en Rice Lake, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria O 23 de xuño de 2016, Ellenson foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Detroit Pistons. O 19 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons. Debutou na NBA o 26 de outubro de 2016, capturando dous rebotes en dous minutos na derrota dos Pistons por 109–91 contra os Toronto Raptors. Durante a súa primeira tempada na NBA, Ellenson foi asignado en varias ocasións ós Grand Rapids Drive, afiliado dos Pistons na NBA D-League. O 9 de febreiro de 2019, Ellenson foi cortado polos Pistons.

O 20 de febreiro de 2019, Ellenson asinou un contrato de dez días cos New York Knicks. Tras varios encontros con boa aportación ó equipo, asinou cos Knicks ata final de tempada.

O 17 de xullo de 2019, Ellenson asinou cos Brooklyn Nets. Tras participar en cinco partidos, os Nets rescindiron o contrato de Ellenson.

O 26 de novembro de 2020, Ellenson asinou un contrato cos Toronto Raptors. O 19 de decembro de 2020, foi cortado polos Raptors. O 10 de marzo de 2021, tras pasar polos Raptors 905, afiliado de Toronto na NBA G League, Ellenson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.

O 13 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Ellenson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.

O 7 de xullo de 2022, Ellenson asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona