Theodore Dru Alison Cockerell, nado o 22 de agosto de 1866 en Norwood, Gran Londres, e finado o 26 de xaneiro de 1948 en San Diego, California (Estados Unidos de América), foi un naturalista anglo-estadounidense, especializado en abellas,

Traxectoria Cockerell estudou na Facultade de Medicina do Hospital Middlesex e logo emigrou aos Estados Unidos de América, traballando no Museo Americano de Historia Natural, e estudou Botánica de campo en Colorado entre 1887 e 1890. Posteriormente, converteuse en taxonomista, publicando numerosos artigos sobre himenópteros, hemípteros, moluscos e plantas, así como traballos sobre paleontoloxía e evolución.

Desde 1891 a 1901 foi conservador do Museo Público de Kingston, (Xamaica). Foi profesor de Entomoloxía na "Estación Agrícola Experimental de Novo México". Desde 1900 a 1903, foi profesor axudante de Bioloxía na Universidade de Novo México, e desde 1903 a 1904, conservador no "Museo da Universidade de Colorado". En 1904 obtivo a cátedra de Entomoloxía desta Universidade, e desde 1906 foi profesor titular de Zooloxía sistemática na mesma Universidade.

Autor de máis de 2 200 artigos en publicacións científicas, realizou numerosas achegas no campo da entomoloxía, principalmente en abellas, coleópteros, paleontoloxía de insectos e outros artrópodos, moluscos e sobre a flora (algas e fungos).

Fixo numerosísimas exploracións, entre outros lugares, á India, Australia, o Perú, Siberia e Suráfrica.

Lista parcial de publicaciones 1910. Some Bees of the Genus Augochlora from West Indies 1910. The Scales of the Mormyrid Fishes 1913. Observations on Fish Scales 1913. Some Fossil Insects from Florissant (Colorado).Exemplar en liña Arquivo de Internet. 1920, Zoology; a textbook for colleges and universities (World book company, Yonkers-on-Hudson, N. Y.).Exemplar en liña Arquivo de Internet.

Honores Epónimos (Asteraceae) Hymenoxys cockerellii Wooton & Standl.Contr. U.S. Natl. Herb. xvi. 192. 1913 (IK). (Convolvulaceae) Cuscuta cockerellii Yunck. Mem. Torrey Bot. Club xviii. 230. 1932 (IK). (Crassulaceae) Cockerellia cockerellii (Britton) Á.Löve & D.LöveTaxon 34 (2): 351. 1985 (IK). (Crassulaceae) Sedum cockerellii BrittonBull. New York Bot. Gard. iii. 41. 1903 (IK). (Malvaceae) Malvastrum cockerellii A.NelsonBot. Gaz. 34: 24. 1902 (IK). (Onagraceae) Oenothera cockerellii Bartlett ex de VriesGruppenw. Artbild. 56 1913 (IK). (Ranunculaceae) Delphinium cockerellii A.NelsonBot. Gaz. 42: 51. 1906 (IK). (Viscaceae) Phoradendron cockerellii Trel.Phoradendron 38. 1916 (IK).

Abreviaturas A abreviatura Cockerell emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. As abreviaturas Cockerell e Ckll. empréganse para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cockerell, Theodore Dru Alison (1866-1948) no IPNI. Traballos do autor no Museo Americano de Ciencias Naturais.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Entomólogos do Reino Unido Categoría:Entomólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1948