Drag Race España é un programa de telerrealidade español sobre drag queens baseado na serie estadounidense RuPaul's Drag Race. O concurso busca coroar a próxima Superestrela Drag de España. Supremme de Luxe é a encargada de presentar a adaptación do formato. En agosto de 2021, Atresmedia renovou o contrato para a produción dunha segunda tempada. En xuño de 2022, renovou por unha terceira tempada. En agosto de 2023 renovou por unha cuarta tempada.
Formato O obxectivo do concurso é atopar a mellor Superestrela Drag de España. Para iso, as concursantes teñen que superar unha serie de probas e enfrontarse a retos cos que salvarse da eliminación, como sesións de fotos, retos de baile, artísticos ou actuacións musicais. A proba final de cada programa é unha pasarela na que as participantes amosan os seus mellores "looks" para conquistar o xurado. As dúas peores do programa bátense en duelo facendo lip sync; a perdedora abandona a competición.
Produción O programa está producido por World of Wonder e Atresmedia en colaboración con Buendía Estudios. Estreouse o mes de maio de 2021 a través da plataforma de pago Atresplayer Premium, mentrs que nos Estados Unidos e no resto do mundo emítese vía "streaming" en WOW Presents Plus.
É a sétima versión internacional da franquía Drag Race, despois de The Switch Drag Race (Chile), Drag Race Thailand (Tailandia), RuPaul's Drag Race UK (Reino Unido), Canada's Drag Race (Canadá) e Drag Race Holland (Países Baixos), RuPaul's Drag Race Down Under (Australia e Nova Zelandia).
O 30 de decembro anunciouse a apertura do proceso de selección das participantes. O xurado e a presentadora foron anunciados en marzo de 2021, mentres que as dez concursantes foron anunciadas o 26 de abril de 2021. Dous días despois, Michelle Visage fixo a presentación oficial das concursantes e anunciou que o programa se estrearía en maio.
En agosto de 2021, renovouse o formato por unha segunda edición. En xaneiro de 2022, confirmouse a continuación do mesmo xurado para a segunda edición e, a través dun anuncio en redes sociais, a data de presentación das doce concursantes da segunda tempada. Esta produciuse o 20 de febreiro nun sketch titulado Meet the Queens.
O 16 de xuño de 2022, Atresmedia Televisión en colaboración con Buendía Estudios, renovou o concurso por unha terceira tempada.
Equipo Nome Posto Tempadas 1 23 Supremme de Luxe Presentadora e xurado Javier Ambrossi Xurado Javier Calvo Xurado Ana Locking Xurado
A finais de febreiro de 2021, o programa anunciou a composición do xurado que acompañará a Supremme de Luxe, formado polos "Javis" (parella de actores formada por Javier Ambrossi e Javier Calvo) e a deseñadora de moda Ana Locking. A inclusión dos Javis xerou rexeitamento entre os fans do formato orixinal, que criticaban, entre outras cousas, o feito de que a parella "monopolice" a presenza do colectivo LGTB na televisión española.
Entre os xuíces convidados atópanse:
Tempada 1: Jon Kortajarena, modelo. Paca La Piraña, vedette. Carlos Areces, actor e cantante. Bad Gyal, artista musical. Alaska, cantante. Susi Caramelo, humorista e presentadora. Envy Peru, gañadora da primeira edición de Drag Race Holland
Tempada 2: Gloria Trevi, cantante La Zowi, cantante Eduardo Casanova, actor e director La Prohibida, cantante e drag queen María León, actriz Choriza May, gañadora da primeira edición de Drag Idol e concursante da terceira edición de Drag Race UK Ruth Lorenzo, cantante Anabel Alonso, actriz e humorista Alexis Mateo, finalista da terceira edición de RuPaul's Drag Race e da quinta edición de RuPaul's Drag Race: All Stars
Tempada 3: Paco León, actor e director Soraya Arnelas, cantante Palomo Spain, deseñador de moda Paco Plaza, director de cine La Terremoto de Alcorcón, cómica e vedette Mónica Cruz, actriz Eva Soriano, presentadora e humorista María Peláe, cantante Valentina, Miss Simpatía da novena edición de RuPaul's Drag Race e 7ª clasificada da cuarta edición de RuPaul's Drag Race: All Stars
Tempadas TempadaEstreaFinalConcursantesGañadoraFinalistasMiss SimpatíaEpisodios 1 30 de maio de 2021 25 de xullo de 2021 10 Carmen Farala Killer Queen e Sagittaria Pupi Poisson 8 + "El reencuentro" 2 27 de marzo de 2022 5 de xuño de 2022 12 Sharonne Estrella Xtravaganza e Venedita Von Däsh Samantha Ballentines 10 + "El reencuentro" 3 16 de abril de 2023 25 de xuño de 2023 13 Pitita Vania Vainilla, Hornella Góngora e Kelly Roller María Edilia 10 + "El reencuentro"
Concursantes As concursantes que competiron en Drag Race España son:
Drag Race España (tempada 1)
As drag queens que competiron na primeira tempada de Drag Race España foron 10: ConcursanteIdadeOrixePosición Carmen Farala 31 Sevilla 1ª Killer Queen 31 Madrid 2ª / 3ª Sagittaria 22 Barcelona Pupi Poisson 38 Madrid 4ª Dovima Nurmi 24 Barcelona 5ª Hugáceo Crujiente 25 Valencia 6ª Arantxa Castilla-La Mancha 23 Badaxoz 7ª Inti 20 Madrid 8ª Drag Vulcano 30 As Palmas de Gran Canaria 9ª The Macarena 29 San Fernando 10.ª
Drag Race España (tempada 2)
As drag queens que competiron na segunda tempada de Drag Race España son 12:
ConcursanteIdadeOrixePosición Sharonne 45 Sabadell 1ª Venedita Von Däsh 28 Elx 2ª / 3ª Estrella Xtravaganza 25 Xerez da Fronteira Marina 34 Barcelona 4ª Juriji der Klee 31 Madrid 5ª Drag Sethlas 30 As Palmas de Gran Canaria 6ª Diamante Merybrown 25 Zaragoza 7ª Onyx 33 Madrid 8ª Jota Carajota 18 Xerez da Fronteira 9ª Samantha Ballentines 35 San Fernando 10.ª Ariel Rec 33 Madrid 11.ª Marisa Prisa 30 Burela 12.ª
Drag Race España (tempada 3)
As drag queens que competiron na terceira tempada de Drag Race España son 12 e foron anunciadas o 19 de marzo de 2023.
ConcursanteIdadeOrixePosición Pitita 27 Barcelona 1.ª Vania Vainilla 39 Zaragoza 2.ª Hornella Góngora 35 Alacant 3.ª / 4.ª Kelly Roller 30 Málaga Clover Bish 24 Granollers 5.ª Bestiah 30 Madrid 6.ª Pakita 28 Sevilla 7.ª / 8.ª Pink Chadora 38 Málaga Visa 34 Tampico, México 9.ª The Macarena 31 San Fernando 10.ª Chanel Anorex 31 Salamanca 11.ª Drag Chuchi 32 As Palmas de Gran Canaria 12.ª María Edilia 41 Maracay, Venezuela 13.ª
Palmarés Edición Data Presentadora Canal de emisión Gañadora Finalistas Miss Simpatía Drag Race España 1 2021Supremme de LuxeAtresplayer Premium senmarco|150x150pxCarmen Farala Killer QueenSagittaria Pupi Poisson Drag Race España 2 2022 senmarco|150x150pxSharonne Venedita Von DäshEstrella Xtravaganza Samantha BallentinesDrag Race España 32023 senmarco|150x150pxPitita Vania VainillaHornella GóngoraKelly Roller María Edilia
Programa derivado
En setembro de 2022, Atresmedia anunciou que estaba traballando nun novo formato derivado do orixinal, RuPaul's Drag Race: All Stars, titulado: Drag Race España: All Stars. En novembro de 2023, anunciouse a súa data de estrea para xaneiro de 2024.
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Programas de televisión de España Categoría:Drag Race España Categoría:Series de televisión de Atresplayer Premium