Mary Wallace "Wally" Funk, nada en Las Vegas o 1 de febreiro de 1939 e finada en Grapevine o 8 de xullo de 2026, foi unha aviadora estadounidense, astronauta e embaixadora de boa vontade. Foi a primeira muller investigadora de seguridade aérea da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte, a primeira muller instrutora de voo civil en Fort Sill, Oklahoma, e a primeira muller inspectora da Axencia Federal de Aviación, así como unha das Mercury 13.
Traxectoria Funk creceu en Taos, Novo México. Seus pais eran donos dunha tenda. A familia tiña unha colección de obras de arte de artistas de Taos, pois os artistas trocaban obras de arte para pagar as súas compras na tenda.
Carreira de aviación Aos 20 anos, Funk tornouse aviadora profesional. Seu primeiro traballo foi en Fort Sill, Oklahoma, como Instrutora de Voo Civil de oficiais subalternos e comissionados do Exército dos Estados Unidos. Funk foi a primeira muller instrutora de voo nunha base militar dos Estados Unidos. No outono de 1961, ela aceptou un emprego como Instrutora de Voo Certificada, Carta e Piloto Xefe nunha empresa de aviación en Hawthorne, California.
Carreira espacial
Mercury 13 En febreiro de 1961, Funk ofreceuse como voluntaria para o Programa "Mulleres no Espazo". O programa era dirixido por William Randolph Lovelace e tiña o apoio da NASA, aínda que non tivese patrocinio oficial do goberno. Funk entrou en contacto con Lovelace, detallando súa experiencia e conquistas. A pesar de ser máis moza do que a faixa etária de recrutamento de 25 a 40 anos, Funk foi convidada a participar. Vinte e cinco mulleres foron convidadas, 19 se inscribiron e 13 se formaron, incluíndo Funk, que aos 21 anos era de máis nova. Nalgunhas probas, tivo unha puntuación mellor do que John Glenn.
Como as outras participantes do programa, Funk foi sometida a rigorosas probas físicas e mentais. Nunha proba, as voluntarias foron colocadas en tanques de illamento. Funk ficou no tanque, sen alucinar, por 10 horas e 35 minutos, unha marca. Ela pasou nas probas e foi cualificada para ir ao espazo. A súa puntuación foi a terceira mellor no programa Mercury 13. A pesar diso, o programa foi cancelado antes que as mulleres fixesen a última proba.
Carreira posterior Cando a NASA finalmente comezou a aceptar mulleres ao final dos anos 1970, Funk inscribiuse tres veces. A pesar das súas credenciais impresionantes, foi rexeitada.
O 20 de xullo de 2021, formou parte dun equipo de catro persoas, entre elas Jeff Bezos e o seu irmán, que voou na primeira misión do vehículo New Shepard, converténdose na persoa mais vella en voar o espazo,superando a marca de John Glenn con 77 anos en 1998 (a bordo do STS-95).
Notas
Categoría:Proxecto Mercury Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Las Vegas Categoría:Finados en 2026